Sketchs teatrais
Neste punto comeza unha aventura moi especial. Poderás vivir en primeira persoa algunha das situacións que deixaron pegada na historia.
A historia compréndese mellor cando es protagonista da mesma!
A continuación, en pequenos grupos, podedes revisar e escenificar os seguintes 5 guións de sketchs teatrais que resumen a historia recente de España.
Exemplos de Sketches
Esperta a túa creatividade
Se te sentes unha persoa creativa pero prefires non actuar de cara ao público, tamén podes probar a redactar por escrito os teus propios guións de sketchs teatrais históricos. Esta actividade podes facela de xeito individual, pero é máis enriquecedora se a fas en parella. Podes seguir estes consellos que te axudarán durante o proceso de creación.
Título do sketch teatral
Pensa un título rechamante tipo slogan relacionado coa temática da época histórica que elixas.
Exemplos:
- “Un valido e un bo lío”.
- “A montaña rusa de Fernando VII”.
- “Unha viaxe ben movida”.
- “O rei que naceu cunha coroa baixo o brazo”.
- “A memoria histórica ten un pé no futuro”.
Personaxes
Fai unha lista de persoaxes principais (poden ser reais ou simbólicos: (constitución, república,…)
Non esquezas contar con narrador/a para fiar mellor a historia.
Introdución
Deberán quedar claros os seguintes aspectos:
- A que momento da historia viaxamos?
- Que está a pasar?. (Unha descrición xeral do ambiente político e social será dabondo).
- Quen manda ou ten o poder?
Exemplo:
Narrador:
No século XVIII España tiña un rei chamado Carlos IV, pero en lugar de gobernar adicábase a cazar cervos todo o día.
Escena
No desenvolvemento das escenas deberás deixar claro:
- Que pasa?
- Quen actúa en cada momento?
- Darás máis realismo á túa historia se inclúes aclaracións sobre a dramatización entre corchetes que fagan referencia a actitudes ou emocións.
Exemplo:
Fernando VII [entra na escena orgulloso]
Desenlace
Deberá incluír unha frase na que resumas a conclusión final.
Exemplo:
Narrador:
A historia é unha viaxe… e nós acabamos de rematar unha ben movida.
Recursos escénicos
É posible que na representación precises algún recurso para dar máis realismo á escena.
Exemplos:
- Música
- Coroas, libros, pancartas, bandeiras,…
Para avaliar a actividade podes guiarvos por esta escala.
Preguntas tras a representación dos Sketches
Cando rematedes de escenificar cada un dos sketches para o resto da clase, poderedes opinar en gran grupo oralmente sobre o feito histórico representado. Velaquí tendes algunhas preguntas que vos servirán de guía na vosa reflexión.
Preguntas sobre Sketch 1: "Un valido e moito lío"
a) Por que cres que Carlos IV prefería cazar en lugar de gobernar?
b) Que che parece Godoy? Era de confianza? Por que?
c) Cres que Napoleón quería axudar a España? Por que?
d) Como te sentirías ti se pasase algo así no teu país?
Preguntas sobre Sketch 2: "A montaña rusa de Fernando VII"
a) Por que cres que chamaban a Fernando VII "O Desexado"?
b) Que frase que di a Constitución no Sketch simboliza o cambio máis importante desa época?
c) Por que cres que Fernando VII non quería a Constitución?
d) Como enganou Fernando VII aos liberais?
e) Por que cres que Fernando VII prefería que reinase a súa filla e non o seu irmán?
Preguntas sobre Sketch 3: "Unha viaxe ben movida"
a) Por que gobernou María Cristina no canto de Isabel II ao principio?
b) Que che parece Godoy? era de confianza? Por que?
c) Por que buscaron un rei que non fose español?
d) Que problemas atopou Amadeo de Savoia ao chegar a España?
e) Por que cres que volveron á monarquía despois da República?
Preguntas sobre Sketch 4: "O rei que naceu cunha coroa baixo o brazo"
a) Por que María Cristina tivo que gobernar á morte de Afonso XII?
b) Como se sentía Afonso XIII ao comezar a gobernar? Por que estaría nervioso?
c) Por que Afonso XIII permitiu que Primo de Rivera gobernase?
d) Por que a xente acabou culpando tamén ao rei cando marchou Primo de Rivera?
e) Por que Afonso XIII marchou cando se proclamou a Segunda República
Preguntas sobre Sketch 5: "A memoria histórica ten un pé no futuro"
a) Por que a guerra civil foi especialmente dolorosa para o pobo español?
b) Por que a xente estaba calada e tiña medo durante a ditadura de Franco?
c) Por que Xoán Carlos I quixo cambiar as cousas cando morreu Franco?
d) Que demostrou Xoán Carlos I cando se enfrontou ao golpe de estado de 1981?
e) Por que Filipe VI recibe o alcume de "O Preparado"?
Para avaliar a actividade podes guiarvos por esta escala.




