Proposta de reto
Restaurarás a liña do tempo por completo, grazas á información recompilada durante as distintas fases.
Como?
- Unindo información coñecida.
- Atopando pistas ocultas.
- Resolvendo códigos cifrados.
Como podes elaboralo?
Propoñémosvos algunhas opcións para presentardes a vosa liña do tempo:
- Liña do tempo Montessori.
- Liña do tempo dixital.
- Banda deseñada.
- Podcast.
Precisas de axuda?
Teredes que presentar por equipos unha liña do tempo, utilizando as técnicas que decidades. Deixade voar a vosa imaxinación e potenciade os vosos dotes de traballo colaborativo.
Podedes realizar o traballo mediante: Unha liña do tempo en papel continuo no que vaian aparecendo todas as fases que imos a ir traballando, ou ben podedes facer unha banda deseñada histórica na que se amose como avanza a historia, ou ben facer un podcast ou vídeo. Vos elixides.
Recordade repartir as responsabilidades de forma eficiente para que todas as persoas acheguen o mellor de si mesmas e conseguir o resultado desexado.