Sistema económico no que un país procura abastecerse exclusivamente cos seus propios recursos, sen importar nin exportar bens.
Exemplo:
Nos primeiros anos do franquismo, España viviu unha etapa de autarquía.
Democracia
Definición:
Forma de goberno na que o poder reside no pobo, que elixe libremente os seus representantes.
Exemplo:
A Constitución de 1978 estableceu que España sería unha democracia con dereitos para toda a cidadanía.
Cuarta viaxe
Un estouro levouno a 1936, xusto ao comezo da Guerra Civil Española. “Son os republicanos contra os franquistas”, explicáronlle. O país mergullouse nunha terrible guerra que deixou morte e destrución por todas partes. En 1939, tras tres anos de loita, Francisco Franco, un home de voz grave e xesto impoñente, tomou o poder e estableceu unha ditadura. “Aquí ninguén pode falar libremente”, díxolle un comerciante en voz baixa. Durante o franquismo (1939 – 1975), a democracia desapareceu e as liberdades foron limitadas. Breogán viu como España sufría fame e illamento internacional nos primeiros anos, aínda que nos anos 60 a economía comezou a mellorar. Pero aínda así, a xente desexaba liberdade.
Finalmente, en 1975, Franco morreu e o seu sucesor, o rei Xoán Carlos I iniciou a Transición Española cara á democracia. “Agora poderemos elixir aos nosos gobernantes”, dicía a xente con esperanza. En 1978, aprobouse unha nova Constitución, e España converteuse nun país democrático.
Un último brillo devolveu a Breogán á biblioteca. Mirouse sorprendido nun espello: percorrera máis de 200 anos de historia en só uns minutos. “Isto foi incrible!”, exclamou. “Agora entendo por que España é como é hoxe”, dixo cun sorriso.
E así rematou a súa incrible viaxe no tempo, cunha gran lección sobre o pasado e o futuro do seu país.
Lectura facilitada
Breogán chegou ao ano 1936. Comezaba a Guerra Civil Española. Loitaban os republicanos e os franquistas. En 1939, Franco tomou o poder. Comezou unha ditadura. Non había liberdade. Nos anos 60 a economía mellorou.
En 1975, Franco morreu. Juan Carlos I foi o novo rei. Comezou a Transición. En 1978 aprobouse a Constitución. España volveu ser democrática.
Breogán regresou á biblioteca. Viaxara por 200 anos de historia.
Audio
Do medo á esperanza.
Dende a Guerra civil ata a actualidade
Guerra Civil (1936-1939)
Acontecementos
Hai moita tensión entre grupos políticos.
Golpe de Estado o 18 de xullo de 1936 en contra da República.
España quedou dividida en dous bandos: os nacionalistas (querían acabar coa República e poñer unha ditadura) e os republicanos (defendían a democracia e a República).
Comeza a guerra civil.
Houbo moitas batallas (Madrid, Guernica...).
Moitas persoas morreron ou tiveron que fuxir.
España recibiu axuda doutros países (Alemaña e Italia aos franquistas, Unión Soviética aos republicanos).
Descenso da poboación, polos falecidos.
Grandes perdas económicas.
O 1 de abril de 1939 finaliza a guerra.
Os franquistas gañan e Franco toma o poder.
Ditadura franquista (1939-1975)
Autarquía (1939-1959)
O xeneral Francisco Franco gobernaba sen eleccións nin democracia, impoñendo unha ditadura militar.
Elimináronse os partidos políticos, dereitos e liberdades.
España vivía pechada ao mundo (illamento internacional).
A economía baseábase na autarquía: producilo todo dentro do país.
Houbo fame, pobreza e racionamento de alimentos.
A educación e os medios controlábanse para ensinar as ideas da ditadura.
Política de desenvolvemento (1960-1975)
Comezan os Plans de Desenvolvemento Económico.
España empeza a relacionarse con outros países.
A economía mellora: crecen as fábricas, o turismo e as cidades.
Aumenta a vida moderna: coches, electrodomésticos, televisión...
Aínda que a economía mellora, seguen sen existir liberdades políticas.
En 1969, Franco, amparándose na Lei de Sucesión, nomea ao rei Juan Carlos I como sucesor.
En 1975 Franco morre.
Transición e consolidación democrática.
Acontecementos
En 2014, o rei Xoán Carlos I abdica, e accede ao trono o seu fillo, o rei Felipe VI, o rei actual.
Franco morre no ano 1975.
O rei Xoán Carlos I é proclamado rei de España.
A sociedade quere pasar da ditadura á democracia.
O rei nomea a Adolfo Suárez como presidente do goberno.
Comezan reformas para traer a democracia: liberdade de expresión, legalización de partidos políticos e preparación dunha nova Constitución.
En 1978 apróbase a nova Constitución democrática: España é un país democrático, con dereitos e liberdades para todas as persoas e é un estado autonómico.
En 1977 e 1979 celébranse as primeiras eleccións libres. Gañou a Unión de Centro Democrático.
Comezan a gobernar partidos escollidos polo pobo.
En 1981, algúns militares intentan acabar coa democracia cun golpe de Estado, liderados polo tenente coronel Antonio Tejero.
O rei defende a Constitución e o golpe de Estado fracasa.
En 1982, gaña as eleccións o PSOE (Partido Socialista).
España entra nunha nova etapa de liberdade e progreso.
España entra na Unión Europea en 1986.
Imaxe de Tejero
Imaxe de Filipe VI
Lectura facilitada
Guerra Civil Española (1936-1939)
Comeza en 1936 cun golpe de Estado contra a Segunda República.
Enfrontáronse dous bandos:
Nacionalistas (apoian a Franco).
Republicanos (defenden a democracia).
En 1939, os nacionalistas gañan e comeza a ditadura de Franco.
Ditadura de Franco (1939-1975)
Autarquía (1939-1959)
Franco gobernaba sen eleccións nin liberdades.
Prohibíronse partidos, sindicatos e a liberdade de expresión.
España quedou illada do mundo.
A economía era pechada (autarquía): só se producía dentro do país.
Houbo fame, pobreza e racionamento.
A educación e os medios controlábanse para difundir as ideas do réxime.
Desenvolvemento económico (1960-1975)
Comezan os Plans de Desenvolvemento.
España mellora economicamente: crece o turismo, fábricas e cidades.
Aumenta o benestar (coches, televisión...), pero seguen sen existir liberdades políticas.
En 1969, Franco nomea como sucesor ao rei Juan Carlos I.
Franco morre en 1975.
Transición á democracia (1975 en diante)
Xoán Carlos I é proclamado rei.
Nomea a Adolfo Suárez como presidente.
Comezan reformas:
Legalízanse os partidos.
Hai liberdade de expresión.
En 1978 apróbase a Constitución democrática.
España convértese nun estado democrático e autonómico.
Eleccións libres:
1977 e 1979: gaña a Unión de Centro Democrático.
1982: gaña o PSOE.
En 1981, hai un intento de golpe de Estado, pero fracasa grazas ao apoio do rei á Constitución.
En 1986, España entra na Unión Europea.
Actualidade
En 2014, Xoán Carlos I abdica.
O seu fillo, Filipe VI, convértese no rei actual de España.
Audio
Apoio visual
Curiosidades
Partidos que gobernaron desde a chegada da democracia