Saltar navegación

3. Volvamos no tempo!

Volvamos no tempo

Revolución francesaNesta fase, viaxarás no tempo! Cada viaxe e aventura estará chea de feitos históricos, aprendizaxes e diversión.

Coñecerás os diferentes feitos históricos e etapas comprendidas desde a Revolución Francesa ata a Transición. Tamén reflexionarás sobre os distintos períodos históricos e o avance da arte durante os mesmos, así como sobre as mulleres galegas máis destacadas.

Co que imos aprender nesta etapa, seredes capaces de colocar en orde os principais feitos históricos e tamén de situar as obras de arte máis importantes de cada momento. Usaremos liñas do tempo para comprender mellor como foi cambiando o mundo e como cada época tivo o seu propio estilo artístico. Así, poderedes ver como a historia e a arte van da man e contan a historia da humanidade.

Lectura facilitada

Viaxarás no tempo!

Cada viaxe e aventura estará chea de feitos históricos, aprendizaxes e diversión.

Coñecerás os diferentes feitos históricos comprendidos desde a Revolución Francesa ata a Transición.

Reflexionarás sobre os distintos períodos históricos e o avance da arte durante os mesmos.

Aprenderás sobre as mulleres galegas máis destacadas destas épocas.

Serás quen de colocar en orde os principais feitos históricos.

Tamén aprenderás a situar as obras de arte máis importantes de cada momento.

Usaremos liñas do tempo para comprender mellor como foi cambiando o mundo e como cada época tivo o seu propio estilo artístico.

Poderedes ver como a historia e a arte van da man e contan a historia da humanidade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)