A arte no tempo
Nesta longa viaxe, Breogán tamén foi quen de descubrir e desfrutar de diferentes obras de arte que tiveron lugar ao longo da historia así como das principais correntes artísticas. Descubriu como a arte conta a historia da humanidade, reflexa os cambios sociais e revela a alma de cada época.
Neste apartado preséntanse os diferentes movementos artísticos cos exemplos máis representativos.
Finais do século XVIII e primeira metade do século XIX
Romanticismo
Caracterízase por exaltar os sentimentos, a liberdade individual, a natureza e a imaxinación fronte á razón e ás normas do clasicismo.
Obras:
-
Francisco de Goya (1746–1828): “Os fusilamentos do 3 de maio”.

Segunda metade do século XIX
Realismo
Pinta a realidade tal e como é, con temas da vida diaria.
- Obras:
“Os picapedreiros” de Gustave Courbet.

Impresionismo
Xoga coa luz e as cores ao aire libre.
Obras:
- “Impresión, sol nacente” de Claude Monet.

Finais do século XIX e principios do século XX
Postimpresionismo
Máis persoal e expresivo.
Obra:
“A noite estrelada” de Van Gogh.

Século XX: As vangardas e a súa renovación
Fauvismo
Uso libre da cor para expresar emocións, sen buscar realismo.
Obra:
- “Muller con sombreiro” de Henri Matisse.

Cubismo
Representación da realidade con formas xeométricas e múltiples perspectivas.
Obra:
- “Guernica” de Pablo Picasso.

Futurismo
Exaltación do movemento, da velocidade e da modernidade.
Obra:
- “A cidade que se levanta” de Umberto Boccioni.

Expresionismo
Expresa sentimentos intensos e anguria a través de formas e cores distorsionadas.
Obra:
- “O berro” de Edvard Munch.

Dadaísmo
Rebelión artística contra a lóxica e a razón, con obras absurdas e provocadoras.
Obra:
- “Fonte” de Marcel Duchamp.

Surrealismo
Explora o subconsciente e os soños con imaxes oníricas e inverosímiles.
Obra:
- “A persistencia da memoria” de Salvador Dalí.

Arte abstracta
Non representa a realidade; baséase en formas, cores e liñas puras.
Obra:
- “Composición VIII” de Wassily Kandinsky.

Renovación das vangardas
Novas tendencias que revisan e reinventan as vangardas clásicas con técnicas modernas.
Obras:
- Whaam! de Roy Lichenstein.

Lectura facilitada
Finais do século XVIII e primeira metade do século XIX
- Romanticismo
- Fala dos sentimentos, da natureza e da liberdade.
- Obra: "Os fusilamentos do 3 de maio" – Francisco de Goya
Segunda metade do século XIX
- Realismo
- Mostra a vida tal como é.
- Obra: "Os picapedreiros" – Gustave Courbet
- Impresionismo
- Xoga coa luz e a cor.
- Obra: "Impresión, sol nacente" – Claude Monet
Finais do século XIX e principios do século XX
- Postimpresionismo
- Máis emocional e persoal.
- Obra: "A noite estrelada" – Vincent van Gogh
Século XX e XXI: As vangardas
- Fauvismo
- Cores fortes e libres.
- Obra: "Muller con sombreiro" – Henri Matisse
- Cubismo
- Figuras xeométricas e varias perspectivas.
- Obra: "Guernica" – Pablo Picasso
- Futurismo
- Fala da velocidade e da modernidade.
- Obra: "A cidade que se levanta" – Umberto Boccioni
- Expresionismo
- Mostra emocións intensas.
- Obra: "O berro" – Edvard Munch
- Dadaísmo
- Arte absurda, contra a lóxica.
- Obra: "Fonte" – Marcel Duchamp
- Surrealismo
- Representa soños e imaxes raras.
- Obra: "A persistencia da memoria" – Salvador Dalí
- Arte abstracta
- Non representa nada real. Usa liñas, cores e formas.
- Obra: "Composición VIII" – Wassily Kandinsky
Renovación das vangardas
- Novas formas de arte que mesturan o pasado e o presente.
- Obra: "Whaam!" – Roy Lichtenstein