Posta en común
Cada grupo ou alumno/a deberá presentar o reto final ao resto da clase.
Explicaredes cada liña do tempo coas súas características.
Alén disto, podedes expoñer a parte da historia que máis vos chamou a atención e as razóns.
Tras a exposición abrirase unha breve rolda de debate para contrastar ideas sobre como sería o noso presente se algunha das etapas históricas non tivera acontecido.
Para avaliar o teu traballo e o do resto da clase podedes axudarvos da rúbrica que está a continuación e tamén desta escala.

