Saltar navegación

2.2. Investigamos en equipo

Investigamos conxuntamente

Traballo en grupo + (Arasaac)Antes de comezar a profundizar na historia e axudar a Breogán, é importante coñeceres diferentes conceptos para non perdernos no camiño.

Ao longo desta actividade, investigaredes en grupos sobre termos importantes que debedes saber. 

Ao final, compartiredes os vosos descubrimentos co resto do grupo, ampliando a visión dos diferentes conceptos e o que significaron fai moitos anos. 

Guía do traballo grupal

Que tes que facer?

Investiga, empregando libros ou recursos dixitais, sobre os seguintes termos:

  • Constitución
  • Absolutismo
  • República
  • Liberal
  • Obreiros e obreiras
  • Sufraxio
  • Ditadura
  • Democracia
  • Imperio
  • Censura

Modelo de traballo

Descarga e completa o seguinte documento: “Que aconteceu antes de chegar aquí?” Abre en nova xanela. Despois pégao no teu caderno.

Posta en común

Unha vez investigados todos os termos, é o momento de poñelo en común co resto do grupo. 

Expoñede en diferentes formatos as vosas conclusións e ideas (cartolina, a través de imaxes ou vídeos atopados, esquemas...).

Tede en conta as achegas dos vosos compañeiros e compañeiras para reflexionar sobre elas.

Para facer a actividade podedes guiarvos por esta rúbrica.

Diario de aprendizaxe

Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Xenial! Xa alcanzaches a segunda fase. Agora só queda cubrir o diario de aprendizaxe para reflexionares sobre todo o aprendido.

Vai ao apartado diario de aprendizaxe  e descarga o documento para cubrir a segunda fase.



Feito con eXeLearning (Nova xanela)