Saltar navegación

4.1. Moitas portas levan...

Resume o aprendido ao teu xeito

Chegou o momento de fiar todos os acontecementos repasados durante este proxecto.

Para iso, teredes a oportunidade de facer unha liña do tempo manipulativa, un cómic sobre os feitos históricos máis relevantes, infografías... Elixe a modalidade expresiva que máis vaia contigo e plasma o aprendido para poder repasalo ao teu xeito.

Non esquezas incluír ás personalidades galegas relevantes. Tampouco esquezas que ademais da política, na sociedade deixan unha pegada especial as persoas relacionadas co mundo da cultura e as artes tales como escritoras/es, pintoras/e, músicas/os ou arquitectas/os.

Liña do tempo Montessori

Marcador liña do tempoEn papel continuo, con cordas de tender a roupa, e pinzas, con las ou cordas de cores. Elixide a opción que máis se axuste ao voso estilo persoal e completade e organizade estes marcadores do tempo.

Imprimídeos, co tamaño que elixades, a dobre cara. dando a volta sobre a beira curta para que se impriman en modo “postal”.

Preme na chave para descargar o documento.

Liña do tempo dixital

Marcador chave do tempoPodes utilizar o seguinte patrón creado en LibreOffice Calc para crear unha liña do tempo dixital de xeito seguro. Recorda gardalo no teu cartafol de traballo do PC e gardar decotío para non perder o traballo que leves feito.

Preme na chave co botón dereito do rato para descargar o documento en formato folla de cálculo (ods).

Banda deseñada

Se prefires, tamén poderás organizar o aprendido en formato de banda deseñada.

A continuación presentamos algúns formatos atopados na rede para que os utilices ou para que te inspiren na túa produción propia.

Modelo banda deseñada con bocadillos Modelo banda deseñada con bocadillos

Podcast

1. Fai un guión sinxelo.
Pictograma con texto

Escribe o contido de xeito breve e conciso
Inclúe algunha anécdota para faceres a narración máis amena e interesante.



2. Practica a lectura entoada.
Boneco cantando

Practica a lectura de xeito entoado.
Controla que a velocidade sexa adecuada
Fai pausas axeitadas para que a escoita sexa máis comprensiva.

3. Familiarízate co Audacity.
Boneco pedindo silencioPídelle axuda á túa mestra ou mestre se precisas conectar a mesa de mesturas.
Abre unha pista de audio estéreo.
Agarda a que o ambiente sexa silencioso para comezar.
Comeza a gravación premendo o círculo vermello ou a tecla R do teclado.
Agarda 3 segundos antes de comezares a falar.


4. É o teu momento.
Boneco respirando

Respira fondo, e le pausadamente e con confianza o teu guión.
Non esquezas gardar o arquivo no teu cartafol de traballo unha vez finalizada a gravación.


5. Edición de audio
boneco escoitando

É importante escoitar o arquivo resultante para cortar as tomas que non che gusten e deixar as mellores.
Posteriormente, poderás engadirlle efectos de son, ou música de fondo.

Para avaliar o voso traballo e o do resto da clase podedes axudarvos das rúbricas que están a continuación e tamén desta escala.

Avalía a liña de tempo

Rúbrica para avaliar liñas do tempo multimodais
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Calidade da informaciónA información exponse de xeito claro e creativo. (4)A información exponse limpa e contén as escenas máis relevantes. (3)A información contén algúns puntos relevantes dos períodos históricos tratados. (2)A información é escasa. (1)
OrganizaciónA información está moi ben organizada. (4)A información está organizada. (3)Falta organización nalgunha parte da información. (2)A orde é inconexa. (1)
Recursos complementariosOs recursos adicionais axudan a complementar a información (4)Contén algúns recursos adicionais que complementan a información (3)Algúns recursos adicionais non son claros. (2)Os recursos adicionais empregados non son claros ou adecuados. (1)

cREAgal. Rúbrica para avaliar liñas do tempo multimodais (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Avalía a túa participación dentro do equipo

Reflexiono sobre a participación dentro do equipo
 Explorador/a experta/o do tempoAprendiz de investigador / aEstou perdido/a no tempo
Participación e implicaciónParticipei activamente e colaborei en todo o proceso (2)Participei na maioría das tarefas, aínda que ás veces estiven distraído/a. (1.5)Non sempre participei nin axudei ao grupo. (1.20)
Traballo en equipoEscoitamos as ideas de todos/as e traballamos xuntos/as con respecto. (2)A maior parte do tempo traballamos ben xuntos/as. (1.5)Tivemos dificultades para traballar en equipo ou escoitarnos. (1.20)
Organización e planificaciónFixemos un bo plan e seguimos os pasos para rematar a tarefa. (2)Tivemos algunha dificultade para organizarnos, pero conseguimos rematar. (1.5)Faltounos organización e iso afectou ao resultado. (1.20)
Creatividade e presentación finalA actividade foi creativa, clara e ben presentada. (2)A actividade estaba ben feita, aínda que podía mellorar nalgúns aspectos. (1.5)A actividade non estaba moi clara ou faltábanlle partes. (1.20)
O que aprendínAprendín moitas cousas novas e sei explicalas ben. (2)Aprendín algunhas cousas, aínda que teño dúbidas. (1.5)Non estou seguro/a do que aprendín ou non o podo explicar ben. (1.20)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Reflexiono sobre a participación dentro do equipo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapa

A marcha do tempo non para, e o espectáculo debe continuar!

Porén antes de seguir organizando o aprendido, debes facer un pequeno alto no camiño e reflexionar sobre a túa experiencia ata aquí.

É bo momento para cumprimentares o teu diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)