Renunciar a ser rei e deixar o trono a outra persoa.
Exemplo:
O rei Carlos IV decidiu abdicar no seu fillo Fernando VII.
Absolutismo
Definición:
É un sistema no que todo o poder recae sobre o rei e ninguén pode discutir as súas decisións.
Exemplo:
Durante o Absolutismo, o rei decidía sen contar coa opinión do pobo.
Derrogar
Definición:
Cancelar ou eliminar unha lei para que deixe de valer.
Exemplo:
Fernando VII decidiu derrogar a Constitución de 1812 cando volveu ao poder.
Guerrillas
Definición:
Pequenos grupos de persoas que loitan contra un exército.
Exemplo:
Os campesiños loitaban nas guerrillas contra os soldados franceses
Motín
Definición:
Revolta ou protesta violenta dun grupo de persoas contra a autoridade.
Exemplo:
No Motín de Aranjuez, a xente pediu que botaran a Godoy.
Comeza a aventura...
Era un día normal na escola cando Breogán atopou un vello libro na biblioteca, ao abrilo, un brillo dourado envolveuno e, cando se decatou, estaba na Francia de 1789.
Apareceu nunha enorme praza onde unha multitude berraba. Un mozo chamado Pierre, coa súa boina ladeada e os ollos cheos de emoción, explicoulle que estaban en plena Revolución Francesa. “O pobo está canso de que a nobreza e o clero teñan privilexios, mentres o terceiro estado paga impostos e sofre”, díxolle axitando un pequeno panfleto. O neno sorprendeuse ao ver como a xente esixía os seus dereitos e presenciaron o momento no que a Asemblea Nacional declaraba o fin do absolutismo. Pouco despois, entre berros e tumultos, viu a Luís XVI, un rei de aspecto bonachón pero preocupado, sendo arrestado.
Un novo resplandor levouno a España no ano 1808. Alí, o pobo estaba furioso con Carlos IV, un home de cara redonda e bigote espeso, e co seu ministro Godoy, que sempre parecía preocupado e suado, pois a xente acusábao de traizón. De súpeto, foron testemuñas do Motín de Aranjuez, onde unha multitude enfurecida asaltaba o pazo, esixindo a destitución de Godoy. “Non queremos traidores!” berraban os españois. Carlos IV, asustado, abdicou no seu fillo Fernando VII, un mozo de mirada astuta que axiña se convertería nun rei moi controvertido. Porén, Napoleón, co seu uniforme impecable e mirada desafiante, aproveitou a confusión e puxo no trono ao seu irmán, Xosé Bonaparte, alcumado burlescamente como “Pepe Botella” pola súa suposta afección ao viño.
Durante a Guerra de Independencia (1808 – 1814), Breogán viu como os españois utilizaban guerrillas para loitar contra os franceses. En Cádiz, asistiu a un momento histórico moi importante: a aprobación da Constitución de 1812, coñecida como A Pepa. “Viva a Constitución!”, berraba a xente, celebrando as novas leis que outorgaban dereitos á cidadanía. Porén, cando Napoleón foi derrotado, Fernando VII regresou ao trono, pero en vez de continuar cos cambios, anulou a Constitución e gobernou como un monarca absoluto.
Lectura facilitada
Breogán chegou a Francia, no ano 1789. Era a Revolución Francesa. Declarouse o fin do absolutismo. O rei Luís XVI foi arrestado.
Despois viaxou a España, no ano 1808. O pobo protestaba contra Carlos IV e Godoy. Comezou o Motín de Aranjuez. Carlos IV abdicou. Fernando VII foi rei. Napoleón puxo no trono a seu irmán Xosé Bonaparte.
Na Guerra de Independencia, os españois loitaban. En 1812 fixeron a Constitución de Cádiz. Daban dereitos á xente. Pero Fernando VII anulouna. Volveu gobernar como rei absoluto.
Audio
Comeza a aventura...
Dende a revolución francesa ata Fernando VII
Liña do tempo
1789 – Comeza a Revolución Francesa
Acontecementos
O pobo francés protesta contra os privilexios da nobreza e do clero.
Nace a idea de liberdade, igualdade e fraternidade.
En 1789 na Asemblea Nacional redactouse a Declaración Nacional dos dereitos do Ser Humano.
A Asemblea Nacional elimina a monarquía absoluta.
En España Carlos IV pechou fronteiras con Francia e nomeou a Godoy como persoa de confianza.
1808 – Motín de Aranjuez en España
Acontecementos
O pobo español protesta contra Godoy, a persoa de confianza e ministro de Carlos IV.
Carlos IV abdica no seu fillo, Fernando VII.
Napoleón invade España e pon no trono ao seu irmán Xosé Bonaparte (“Pepe Botella”).
1808-1814 – Guerra da Independencia Española
Acontecementos
O pobo español loita contra os franceses con guerrillas. O enfrontamento clave foi a Batalla de Bailén (1808).
Participación de homes e mulleres valentes en todo o país.
En ausencia da monarquía formáronse as Xuntas, a máis importante foi a Xunta Central de Cádiz.
1812: Aprobación da Constitución de Cádiz (“A Pepa”): é a primeira constitución en España que recoñece dereitos para toda a cidadanía. Nace así unha nova forma de gobernar máis xusta e con participación. O seu nome popular é: “Viva A Pepa!”
1814-1833 – Regreso de Fernando VII
Acontecementos
Volve ao trono e elimina a Constitución de 1812.
Volve o absolutismo (o rei ten todo o poder).
Comezan anos de inestabilidade política en España.
O seu reinado dividiuse en 3 etapas:
Sexenio Absolutista (1814-1820): aboliuse a Constitución e todo o poder estaba no rei.
Trienio liberal (1820-1823): produciuse unha loita entre liberais e absolutistas. Tivo lugar unha rebelión militar dirixida por Rafael del Riego, que obrigou a Fernando a xurar a Constitución, e permitiu aos liberais que recuperasen as reformas promulgadas polas cortes de Cádiz.
Década Ominosa (1823-1833): nesta etapa os liberais foron reprimidos e encarcerados. No ano 1930 naceu a princesa Isabel, a filla de Fernando. Debido a isto, Fernando derrogou a lei sálica, que impedía que as mulleres puidesen herdar o trono. En 1933 Fernando morreu e o poder pasou a mans da súa muller, María Cristina.
Lectura facilitada
1789 – Comeza a Revolución Francesa
En Francia, o pobo protesta contra a nobreza e o clero.
Nacen as ideas de liberdade, igualdade e fraternidade.
Apróbase a Declaración dos Dereitos Humanos.
A monarquía absoluta desaparece.
En España, Carlos IV pecha fronteiras e confía en Godoy.
1808 – Motín de Aranjuez
O pobo español protesta contra Godoy.
Carlos IV abdica no seu fillo Fernando VII.
Napoleón invade España e pon no trono ao seu irmán Xosé Bonaparte.
1808-1814 – Guerra da Independencia Española
O pobo loita contra os franceses con guerrillas.
Destaca a Batalla de Bailén.
Fórmanse as Xuntas, como a de Cádiz.
En 1812 apróbase a primeira constitución española: “A Pepa”.
1814-1833 – Regreso de Fernando VII
Fernando VII volve ao trono e elimina a constitución.
Volve o absolutismo.
O seu reinado tivo tres etapas:
Sexenio absolutista: todo o poder no rei.
Trienio liberal: os liberais recuperan a constitución.
Década ominosa: os liberais son reprimidos.
En 1830 nace a súa filla Isabel, e cambia a lei para que poida herdar o trono.
En 1833 morre Fernando VII.
Audio
Apoio visual
Curiosidades
As cortes de Cádiz
Cádiz foi a sede porque era difícil de conquistar.
No sur, estaba ben defendida por mar, así que alí se reuniron os deputados.
As reunións eran en segredo e con lume.
As sesións facíanse con candís ou velas, xa que non había electricidade.
Non todos eran liberais.
Había liberais (querían cambios e Constitución) e absolutistas (defendían o poder total do rei).
Constitución de 1812
Sabes por que a Constitución de 1812 chámase "A Pepa”? Pois foi aprobada o 19 de marzo, día de San Xosé (“Pepa” é o alcume popular).
A xente gritaba “Viva A Pepa!” como forma de celebrar a liberdade.
Os puntos principais foron: Sepáranse os poderes: o rei ten o executivo (con límites), as Cortes o lexislativo e os xuíces o xudicial.
Voto para todos os homes, pero de forma indirecta.
Todas as persoas son iguais diante da lei.
O poder pasa a estar na nación, non no rei.
Dereitos individuais como a educación, a propiedade ou a liberdade de prensa.
A súa vixencia foi ata 1814 e foi o a base para as seguintes constitucións.
Xosé Bonaparte
Era, irmán de Napoleón.
Chamábanlle “Pepe Botella” (aínda que non se sabe se era certo que bebía moito).
Moita xente non o aceptou como rei.
Durante a Guerra da Independencia, moitos campesiños, mulleres e curas loitaron contra os franceses con armas caseiras. Chamábanlles guerrilleiros.
Fernando VII
En 1823, o rei Fernando VII non quería aceptar a Constitución de 1812 nin gobernar como rei limitado. Entón pediu axuda a outros reis europeos e, sobre todo, ao rei de Francia para que o axudasen a recuperar todo o seu poder.
Francia mandou un exército chamado “Os Cen Mil Fillos de San Luís”. Eran máis de 100.000 soldados franceses!
O seu obxectivo era derrocar o goberno liberal español e devolverlle o poder absoluto a Fernando VII.
Entraron en España e non atoparon moita resistencia, así que Fernando VII volveu ser rei absoluto ata a súa morte en 1833.