Miramos cara atrás

Despois de viaxar a través do tempo acompañando a Martiño, logo de tocar, bailar, cantar, escoitar e crear música de diferentes épocas, chegou o momento de parar e mirar cara atrás. Como cambiou a música ao longo da historia!
Nesta última fase, farás un pequeno alto no camiño para lembrar todo o vivido, reflexionar sobre como a música, ao igual que o tempo, nunca está quieta, senón que evoluciona e se transforma.
É tempo tamén de valorarte polo esforzo feito, de compartir o que máis che gustou e de despedirte de Martiño e da súa viaxe musical, co orgullo de saber un pouquiño máis da historia da música e o seu poder.
A onde te levará o camiño a partir de agora?
Lectura facilitada
Viaxaches no tempo coa axuda de Martiño.
Agora sabes máis sobre a historia da música.
Agora toca mirar cara atrás.
A música cambiou moito ao longo da historia.
É o momento de:
- Lembrar todo o que fixeches.
- Pensar no que máis che gustou.
- Valorar o teu esforzo.
A onde te levará a música a partir de agora?