Glosario
Coda

Definición:
É a parte final dunha obra musical.
Exemplo:
A coda da Obertura 1812 de P.I. Tchaikovsky é apoteótica, remata moi forte, con son de campás e mesmo canóns.
Musicograma

Definición:
Esquema de cores, formas, debuxos ou símbolos que nos axuda a seguir e entender a música mentres a escoitamos.
Exemplo:
En 5º de primaria traballamos a Muiñeira de Lugo a través dun musicograma.
Ornamentación

Definición:
En música, refírese ao conxunto de adornos que se engaden a unha melodía para diferenciala e facela máis interesante.
Exemplo:
Engadiulle ornamentos á melodía principal para que fose máis bonita.
Virtuosismo

Definición:
Refírese ao dominio e habilidade técnica á hora de tocar un instrumento.
Exemplo:
O violinista rematou o concerto cun bis de Paganini moi complicado, demostrando así o seu grande virtuosismo.
