Ordena
Xa tes todos os capítulos do conto de Martiño. Arrastra cada un deles ata a súa posición para telos na orde correcta.
Xa tes todos os capítulos do conto de Martiño. Arrastra cada un deles ata a súa posición para telos na orde correcta.
Aquí tes cada período da historia da música xunto co título do capítulo da historia de Martiño no que se trata. Xa sabes que este traballo adoita desordenarse con facilidade. Ordénao!
Até o de agora coñeciches a Martiño e con el a historia da música. Recolliches os capítulos da súa vida revoltos polo tempo e puxéchelos no seu lugar, na súa orde correcta, no seu tempo.
Pero, fáltache algo?
O conto non ten título.
Acorda cos teus compañeiros e compañeiras o título máis axeitado para esta historia.
Ponlle título á historia xunto cos teus compañeiros e compañeiras.

O tempo non parece igual para os homes que para as mulleres. Podes comprobar por ti mesma como a historia da música soamente recoñeceu e deu mérito aos compositores.
"No More Matildas" é un movemento que denuncia como as mulleres científicas foron invisibilizadas na historia e busca recuperar o seu lugar no relato científico. Aquí tes unha invitación para que inicies o movemento #NoMoreClaras: por unha historia da música onde as mulleres tamén soen forte.
Investiga, escoita, engade e difunde toda información que atopes acerca das mulleres silenciadas en todos os tempos. Podes empezar por esta liña que mostra as grandes compositoras da nosa historia.
Monxa, compositora e escritora. A súa música era espiritual e moi avanzada para a súa época.
Trobairitz (versión feminina dos trobadores), escribía e cantaba cantigas de amor.
Primeira muller en publicar música impresa.
Monxa e compositora.
Compositora de óperas.
Compositora e clavecinista na corte de Luís XIV.
Compositora e instrumentista, tocou en salóns musicais de Viena xunto a Haydn.
Pianista e compositora cega que compartiu amizade con Mozart.
Pianista e compositora moi famosa, cun estilo emotivo e profundo. É unha das mulleres compositoras máis recoñecidas, que en contra do pensamento da súa sociedade, loitou por abrirse camiño no mundo da música. Non queremos máis Claras silenciadas, queremos que o tempo sexa claro e que nos amose ás nosas compositoras. #NoMoreClaras.
Irmá de Felix Mendelssohn, escribiu moitas pezas fermosas, aínda que moitas veces publicadas co nome do irmán.
Pianista, cantante e compositora venezolana. No século XX, rómpese a barreira eurocentrista da música académica.
Compositora e mestra de moitos músicos importantes (como Piazzolla ou Quincy Jones).
Compositora en películas como Inside Out 2 de Pixar.
Instrumentista galega que recolle sons tradicionais e mestúraos con electrónica.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0