Chegaches a tempo
É o día da representación. É o momento no que ti e o resto do grupo amosades o traballo realizado sobre a historia da música a través da vida de Martiño.
Cantaches, bailaches, tocaches, en definitiva, sentiches e agora chegou o momento de facer sentir ao público o paso do tempo, o transcorrer desta grande historia sonora que atravesa séculos e séculos de vida.
Chegaches a tempo, é tempo de contar, de comunicar, de trasladar ao público á música dunha inmensidade de tempos.
Vívea!
Lectura facilitada
É o día da representación.
Chegaches a tempo despois de ordenar a historia de Martiño e facer os ensaios.
Ensínallo agora ao público.
Vívea!