Organízate
En todos os capítulos do conto de Martiño puideches escoitar música da época na que tiña lugar (Barroco, Clasicismo). Para ler o conto é preciso que escollas unha destas músicas para cada capítulo que soará de fondo durante a lectura.
- Organizádevos en seis grupos, tantos como capítulos, repartídeos e seleccionade a música que vos guste para a lectura.
- Escolle unha ou varias persoas para facer as lecturas. Pode ser unha persoa por cada un dos grupos para cada capítulo.
- Prepara os audios seleccionados en orde de reprodución para a representación.
Ánimo! Non falta nada para a representación do conto no Fin de Curso.
Lectura facilitada
En todos os capítulos do conto de Martiño puideches escoitar música da época correspondente.
Organizádevos en seis grupos e seleccionade a música que vos guste para acompañar a lectura.
Escolle unha ou varias persoas para facer as lecturas.
Prepara os audios seleccionados en orde de reprodución para a representación.
Ánimo! Non falta nada para a representación do conto no Fin de Curso.
