Escribe no teu diario

Despois de volver o tempo ao seu lugar chega o momento de reflexionar sobre o acadado co teu traballo. Fai unha nova entrada no teu diario de aprendizaxe respondendo a estas preguntas:
- Axudouche o feito de ordenar os capítulos da historia a comprender mellor a evolución da música ao longo do tempo?
- Que estratexias ou criterios usaches para escoller a música axeitada para cada capítulo?
Lectura facilitada
Fai unha nova entrada no teu diario de aprendizaxe respondendo a estas preguntas:
- Axudouche o feito de ordenar os capítulos da historia a comprender mellor a evolución da música?
- Que estratexias usaches para escoller a música axeitada para cada capítulo?