Glosario
A capela

Definición:
Refírese a cantar sen acompañamento de instrumentos, só con voces.
Exemplo:
No festival cantaremos unha canción a capela, sen ningún tipo de acompañamento.
Forma musical

Definición:
É o xeito no que unha peza musical se organiza, como se fose a súa estrutura.
Exemplo:
O rondó é unha forma musical na que sempre se volve á melodía inicial, como na estrutura A-B-A-C-A
Liña melódica

Definición:
É o percorrido que fai a melodía dunha peza musical, como soben e baixan as notas ao longo da obra.
Exemplo:
A liña melódica desta canción é moi doada de cantar, apenas ten saltos de notas.
Melisma

Definición:
Un melisma consiste en cantar unha sílaba ao longo de varias notas diferentes.
Exemplo:
A soprano rematou estirando a última sílaba cunha serie de notas diferentes facendo un melisma moi bonito.
Neuma

Definición:
Os neumas son os signos que se empregaban para escribir música antes de que existisen as figuras musicais que coñeces.
Exemplo:
Na idade media escribíase a música con neumas sobre un tetragrama.
Sistema tonal

Definición:
É unha forma de organizar as notas dunha melodía arredor dunha nota principal chamada tónica.
Exemplo:
No sistema tonal, as notas organízanse nunha escala que comeza e remata na mesma nota.
Tetragrama

Definición:
É un grupo de catro liñas sobre o que se escribía a música antes de facelo no pentagrama actual, que ten cinco liñas.
Exemplo:
No canto gregoriano, as melodías escribíanse nun tetragrama.
