Anda o tempo revolto

Tes por diante o reto organizar unha historia que ten moito que ver coa música. E que vas a facer con ela? Representarala para Fin de Curso acompañada por interpretacións musicais e audicións que contribúan a entender o texto escrito. Veste capaz de realizar o reto? Está garantido.
Como o vas a facer:
- En cada apartado das fases dous e tres traballarás sobre un dos capítulos dun conto sobre a historia da música que está desordenado.
- En cada un deles realizarás as actividades musicais precisas para o reto final.
- Traballados todos os capítulos serás quen de ordenalos e de transmitir a súa mensaxe.
Farás a representación final en Fin de Curso. Gózao!
Metas de aprendizaxe que vas acadar coa consecución do reto:
- Descubrir a evolución da música desde a Idade Media ata o Século XX ordenando un conto.
- Realizar diferentes interpretacións musicais de cada un dos períodos detallados.
- Comprender como a historia dun neno pode ser a historia de toda unha arte.
- Valorar a conexión entre as artes, especialmente entre a música e a literatura.
- Comprender que a música de cada época é unha representación da sociedade que a crea.
- Valorar as diferentes manifestacións artísticas e musicais
Lectura facilitada
Tes como reto organizar un conto relacionado coa historia da música.
Tes que representalo para Fin de Curso.
Como o vas a facer:
- Traballarás sobre os capítulos dun conto sobre a historia da música que está desordenado.
- En cada un deles realizarás as actividades musicais precisas para o reto final.
- Traballados todos os capítulos terás que ordenalos.
- Farás a representación final en Fin de Curso. Gózao!
Metas de aprendizaxe que vas acadar coa consecución do reto:
- Descubrir a evolución da música ordenando un conto.
- Realizar diferentes interpretacións musicais.
- Comprender a historia da música.
- Valorar a conexión entre a música e a literatura.
- Comprender a relación entre a música e a sociedade.
- Valorar as diferentes manifestacións artísticas e musicais.