5.1. Reflexionamos
Cóntao

Acabas de realizar un reto fantástico, e seguro que quedaches con gañas de que outros amigos e amigas dos colexios máis próximos tiveran a posibilidade de vivir esta mesma experiencia.
Cóntallo por carta ou por correo electrónico. Coa axuda do teu mestre ou mestra de música, establecede contacto con un colexio da vosa contorna para que se sume á experiencia de crear unha festa no patio. E que mellor maneira que ti e os teus compañeiros e compañeiras, escribades unha carta persoal a cada membro do grupo de sexto de educación primaria do colexio elixido.
Explícalle todo o que aprendiches coa realización deste reto e como te sentiches, que destacarías e como o mellorarías.
Mergullemos os patios dos colexios na festa e na música!
Lectura facilitada
Outros nenos e nenas poden vivir esta mesma experiencia.
Cóntallo por carta ou correo electrónico. Establecede contacto cun colexio da vosa contorna para que se sume á experiencia.
Explícalle todo o que aprendiches coa realización deste reto e como te sentiches.
Mergullemos os patios dos colexios na festa e na música!
Audio
Sempre con música

Cres que esta festa chegou para quedar?
Poderías facer outra sesión de música no patio con outro estilo de música diferente? Con cal?
É proveitoso afondar en estilos musicais non tan coñecidos ou é mellor os que están de moda?
En grupo, debatede que outras actividades musicais realizarías no recanto musical do teu patio (actividades instrumentais, de escoita, de regueifas, karaoke, entre outros).
Lectura facilitada
Cres que esta festa chegou para quedar?
Poderías facer outra sesión de música no patio con outro estilo? Con cal?
En grupo, propón para este recanto outras actividades musicais.
Audio
Lista de cotexo
Formaches parte dun grupo de traballo. Agora debes valorar o teu labor dentro do mesmo.
Rúbrica
| Excelente | Moi ben | Suficiente | Preciso mellorar | |
|---|---|---|---|---|
| Mostro respecto na escoita de obras musicais e no traballo de aula. | Mostro respecto na escoita de obras musicais e teño sempre unha boa actitude tanto no traballo como cos compañeiros/as e o profesorado. | Mostro respecto na escoita de obras musicais e no traballo de aula e teño habitualmente unha boa actitude en xeral. | Ás veces mostro respecto na escoita de obras musicais e no traballo de aula. | É preciso que me lembren que debo mostrar respecto na escoita de obras musicais e/ou no traballo de aula. |
| Interpreto unha batucada lendo unha partitura. | Interpreto os cortes da batucada lendo as partituras e sen equivocarme nunca. | Interpreto os cortes da batucada lendo unha partitura. | Interpreto os cortes da batucada lendo unha partitura. | Cando interpreto os cortes da batucada cústame ler a partitura e necesito axuda. |
| Coñezo a cumbia, o chachachá, o merengue e a salsa. | Coñezo aos estilos de música latina traballados na clase, son capaz de diferencialos claramente e recoñezo pasos dos seus bailes. | Coñezo os estilos de música latina e son capaz de realizar algúns dos pasos principais dos seus bailes. | Coñezo algúns estilos de música latina e algúns pasos do seu baile. | Coñezo algúns estilos de música latina. |
| Participo na creación dunha sesión de baile latino no patio do recreo. | Participo na creación dunha sesión de música latina e son capaz de levar a cabo a produción da mesma, desempeñando un traballo cultural en beneficio da comunidade escolar. | Participo na creación dunha sesión de música latina e na produción da mesma, desempeñando un traballo cultural. | Participo na creación dunha sesión de música latina e son capaz de levar a cabo a produción da mesma. | Participo na creación dunha sesión de música latina e son capaz de levar a cabo a produción da mesma, con axuda |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0




