Saltar navegación

2.2. Que o ritmo non pare!

Melloramos os cortes

Logo de repasar o ritmo base e os cortes que aprendiches na clase anterior, vas facer unhas pequenas melloras que teñen que ver co tempo e a dinámica.

Tempo

Como ben sabes, o tempo ou velocidade á que debe ser interpretada unha obra indícase cuns termos en italiano que se engaden na partitura. Estes poden ser (preme na imaxe para agrandala):

Esquema dos matices agóxicos


Fíxate o que lle ocorre ao tempo destes dous exemplos:

Como podes ver, varían o seu tempo indo cada vez máis rápido ou cada vez máis lento. Isto indícase na partitura empregando os seguintes termos italianos:

Ritardando ou rit.: diminuír gradualmente a velocidade.

Accelerando ou accel.: aumentar gradualmente a velocidade.

Exemplo de ritardando nunha partitura.

Logo dun accelerando ou ritardando sempre debe indicarse o novo tempo co que continuar. Emprégase un matiz agóxico diferente ou indicando que o tempo debe ser igual que antes da variación (a tempo).

Lectura facilitada

O tempo é a velocidade á que se interpreta unha obra.

Na partitura indícase con matices agóxicos. Son palabras de orixe italiana.

Fíxate o que ocorre coa velocidade nos exemplos.

Os cambios graduais de tempo indícanse do seguinte xeito:

  • Ritardando ou rit.: diminución gradual da velocidade.
  • Accelerando ou accel.: aumento gradual da velocidade.

Logo dun cambio gradual da velocidade indícase un novo tempo.

Dinámica

O volume ao que debe soar unha partitura indícase con matices dinámicos. Como xa sabes, son uns termos italianos que che indican a intensidade á que debes tocar a peza musical (preme na imaxe para agrandala):

Imaxe dos matices dinámicos, a súa abreviatura e o seu significado.

Fíxate agora o que ocorre coa intensidade nestes dous exemplos:

Como ves, varían pouco a pouco a súa intensidade. Nas partituras isto indícase con termos en italiano ou con símbolos:

Símbolo do crescendo

Crescendo ou cresc.: aumento gradual da intensidade.

Símbolo do diminuendo

Diminuendo ou dim.: diminución gradual da intensidade.

Exemplo de diminuendo nunha partitura.

Ás veces, logo dun cambio gradual da intensidade, indícase o novo matiz dinámico co que se debe seguir interpretando.

Lectura facilitada

O volume dunha partitura indícase con matices dinámicos. Son termos italianos que indican a intensidade.

Fíxate o que ocorre coa intensidade nos exemplos.

Nas partituras isto indícase con termos en italiano ou con símbolos: crescendo ou cresc. e diminuendo ou dim.

Logo dun cambio gradual da intensidade indícase o novo matiz.

Os novos cortes

Con isto que acabas de ver, imos aplicar cambios aos cortes que xa sabes. Fíxate ben:

Corte 1

Ao primeiro corte engadíuselle un ritardando dende a metade ata o final. O grupo enteiro debe interpretar as corcheas ralentizando gradualmente o tempo ata rematar na negra final.

Preme na imaxe para descargar o PDF (ábrese nunha nova xanela).

Imxe do ritmo do corte 1 con ritardando

Ao tratarse dun ritardando ao longo de moitas corcheas, podes axudarte de sílabas rítmicas para non perderte. Aquí tes un exemplo:

Preme na imaxe para descargar o PDF (ábrese nunha nova xanela).

Imaxe do corte 1 con axuda

Logo do corte volve o ritmo base ao tempo inicial.

Corte 2

O segundo corte comeza cun xogo de eco entre o son grave do instrumento e o máis agudo producido ao golpear no bordo. No último compás engadímoslle dous matices dinámicos xunto cun crescendo entre eles. É importante que todos os instrumentos comecen suave no último compás e aumenten gradualmente a intensidade ata chegar a última negra fortissimo.

Preme na imaxe para descargar o PDF (ábrese nunha nova xanela).

Imaxe da batucada corte 2 con matices

Este corte empregarémolo algo antes do final da batucada para xerar tensión e dinamismo antes de rematar.

Corte 3

O terceiro corte será co que remate batucada. Nel engadimos letra para que o día da sesión de baile berre todo o colexio con nós. Debes animar tamén a que dean palmas nas figuras coa cabeza con forma de xe.

Preme na imaxe para descargar o PDF (ábrese nunha nova xanela).

Imaxe da batucada corte 3 con letra

Con este final darase paso aos diferentes estilos de baile latino.

Lectura facilitada

Imos aplicar cambios aos cortes.

Corte 1:

  • Debes facer un ritardando dende a metade ata o final.
  • Podes axudarte da letra para non perderte nas corcheas.

Corte 2:

  • Debes facer un crescendo no último compás.
  • Lembra comezar piano para chegar a fortissimo.

Corte 3:

  • Será o corte final da batucada.
  • Debes cantar a letra á vez que tocas.
  • Anima a que os compañeiros dean palmas.

Pistas de son

Aquí tes os exemplos de como deben soar:

Corte 1

Corte 2

Corte 3

Lectura facilitada

Aquí tes os exemplos de como deben soar.

Movémonos

Icona de dúas persoas bailando que ilustra o movemento na batucada.

Agora que a batucada soa tan ben, que che parece se lle engades movemento? Como puideches comprobar nos exemplos vistos na clase anterior, esta música invita a bailar e o movemento sae de xeito natural. Na nosa interpretación faralo con algo moi sinxelo: movendo os pés!

Preme na imaxe para descargar o PDF (ábrese nunha nova xanela).

Imaxe do pulso da batucada con movemento.

Sen desprazarte do teu lugar, bate no chan cos pés seguindo a orde que aparece no exemplo e acompaña co balanceo lateral do corpo. Con todo o grupo facendo este movemento á vez, a batucada gañará moito dinamismo. Practica primeiro sen tocar e logo tocando.

Ten en conta que este movemento debe parar durante os cortes e logo retomarse ao volver ao ritmo base.

Lectura facilitada

Engadimos movemento de xeito natural. Na nosa interpretación faralo movendo os pés!

Sen desprazarte, bate no chan cos pés e acompaña co movemento lateral do corpo.

Este movemento debe parar durante os cortes e logo retomarse ao volver ao ritmo base.

Melloramos a batucada

Icona de mellora que ilustra que invita a que pases a un novo nivel a partir da interpretación.

Tes algunha idea de como mellorar a nosa batucada? Este é o momento de lucirte!

Organizamos a clase en tres grupos, cada un terá o seu labor. Escolle o equipo que máis se axuste ás túas preferencias:

Grupo 1: Se a ti o que che gusta é moverte, este é o teu grupo. Pensa nun movemento que se adapte ao ritmo base, descríbeo no teu caderno e compárteo coa clase para ensaialo e facelo o día da actuación.

Grupo 2: Se compoñer música é o teu soño, este é o teu sitio. Pensa nun ritmo diferente en catro por catro que encaixe co ritmo base. Lembra empregar as figuras que xa coñeces (redonda, branca, negra, corchea, semicorchea e os seus silencios). Escríbeo no teu caderno e compárteo co resto da clase para poder implementalo durante a interpretación.

Grupo 3: Se a afouteza te leva polos camiños máis difíciles, esta é a túa opción. Debes deseñar un novo corte para a batucada. Escribe un ritmo de 4 compases en catro por catro, engádelle algún dos matices novos que traballamos nesta fase e finalmente, ponlle letra para poder cantar a viva voz.

Lectura facilitada

Organizamos a clase en tres grupos. Escolle o equipo que máis se axuste a ti:

Grupo 1: Baile. Pensa nun movemento que se adapte ao ritmo, descríbeo no teu caderno e compárteo.

Grupo 2: Composición. Pensa nun ritmo diferente en catro por catro. Escríbeo no teu caderno para a actuación.

Grupo 3: Creación. Deseña un novo corte para a batucada. Escribe un ritmo de 4 compases en catro por catro, engádelle algún matiz e ponlle letra.

Matices dinámicos desordenados

Ordena os seguintes matices dinámicos dende o máis suave ata o máis forte:

  • Pianissimo
  • Piano
  • Mezzopiano
  • Mezzoforte
  • Forte
  • Fortissimo

Comprobar

Correcto!

2025316233433-60
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta correcta é:

Relaciona

Relaciona cada indicación de tempo co seu significado:

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona cada indicación de tempo co seu significado:

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ee87a0","eText":"Adagio","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#f26969","eTextBk":"Amodo"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#21daf2","eText":"Allegro","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#4194ec","eTextBk":"R%C3%A1pido"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#e79523","eText":"Presto","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#e354de","eTextBk":"Moi%20r%C3%A1pido"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#91e628","eText":"Andante","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#f1f505","eTextBk":"Tranquilo"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#dc19f5","eText":"Largo","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#12af1d","eTextBk":"Moi%20lento"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#d2289c","eText":"Moderato","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#5fd5ec","eTextBk":"Moderado"}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025316234133-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Lembra ensaiar para o reto

Ensaia o mellor posible esta batucada, pois será o interludio rítmico que soará entre cada un dos estilos durante a festa do noso reto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)