A Salsa
Breve historia

Máis que un estilo musical da tradición latina, a salsa é un conxunto de diferentes ritmos e influencias de orixe afrocubano. A guaracha, o son, o chachachá ou o mambo son algúns destes estilos.
Xorde ao longo do século XVII pola fusión da música de colonos españois, franceses e anglosaxóns, e a propia dos estilos afrocaribeños. Desta maridaxe musical nace a salsa, que vai tomando popularidade co paso do tempo, ata que na década dos 60 do século pasado esténdese a EEUU. Concretamente, en Nova York, xéstase un grande núcleo de poboación emigrada despois da Segunda Guerra Mundial, que lle dá unha identidade propia.
Unha das teorías da procedencia do seu nome, atopámola na referencia culinaria, pois crese que este termo provén da analoxía da mistura de aderezos que se lle bota a unha comida. Tamén hai quen outorga o termo a Ignacio Piñeiro e concretamente ao seu tema “Échale salsita”, lanzado en 1930.
Que che parece este estilo tan multicultural?
Características

A salsa emprega un patrón rítmico que recibe o nome de “clave de son”, establecido en compases de 4/4.
As melodías mesturan diferentes estilos e tradición, que teñen un bloque central ancestro no “son montuno”, xénero asincopado da música cubana caracterizado por partes improvisadas que serían fundamentais no desenvolvemento do jazz.
A agrupación da salsa é a de orquestra ou tamén de combo, e os instrumentos empregados son os clásicos como o piano, o contrabaixo, a trompeta, o saxofón, o trombón; así como outros instrumentos de percusión típicos cubanos como as maracas, a conga, os timbais, os bongós, o güiro, o chocallo etc.
Intérpretes

Celia Cruz (a raíña da salsa): "Quimbara"
Joseíto Fernández: "Guantanamera"
Rubén Blades: "Siembra"
Gloria Estefan: "Mi tierra"
Lectura facilitada
Breve historia:
- Conxunto de diferentes ritmos e influencias de orixe afrocubano.
- Xorde no século XVII (dezasete) pola fusión da música española, francesa, anglosaxona, e afrocaribeña.
- Na década dos 60 esténdese a EEUU.
- Crese que o termo salsa, provén da analoxía da mistura de aderezos que se lle bota a unha comida ou ben,
ao seu tema “Échale salsita” de Ignacio Piñeiro.
Características:
- Compás de 4/4.
- Provén do “son montuno”, xénero asincopado da música cubana con por partes improvisadas que serían precursoras do jazz.
- Agrupación de orquestra ou de combo, con instrumentos clásicos coma o piano, o contrabaixo, a trompeta,
o saxofón, o trombón; e outros de percusión típicos cubanos como as maracas, a conga, timbales, bongó, güiro, chocallo etc.
Intérpretes:
- Celia Cruz, "A raíña da salsa": "Quimbara".
- Joseíto Fernández: "Guantanamera".
- Rubén Blandes: "Siembra".
- Gloria Estefan: "Mi tierra".
