Instrumento musical no que o son se orixina polo aire que vibra no seu interior.
Exemplo:
A frauta e o acordeón son instrumentos aerófonos.
Autóctono
Definición:
Aquilo que é orixinario da zona onde se atopa.
Exemplo:
O carballo é unha das árbores autóctonas galegas.
Fusión cultural
Definición:
Mestura de manifestacións artísticas de diferentes tradicións dando lugar a un novo estilo.
Exemplo:
A fusión cultural entre os estilos musicais tradicionais e os novos estilos orixinan producións novas moi enriquecedoras.
Audio
Ritmos que nos moven
A música é unha das formas de expresión cultural máis universal, e a música latina destaca pola riqueza dos seus ritmos e a súa enerxía a través do son e do movemento. Nesta aventura vas traballar catro dos seus estilos fundamentais: a cumbia, o chachachá, o merengue e a salsa.
Todos eles teñen unha orixe e identidade únicas, e foron influenciados tanto polas tradicións propias do país, como das africanas e mesmo europeas, que se foron mesturando ao longo dos anos en toda América Latina.
A pesar de ter a súa orixe moi lonxe de nós, estes xéneros non nos resultan alleos, pois forman parte da música que se escoita e baila nas verbenas de toda Galicia. As orquestras interpretan, entre outros, cumbias, merengues e salsas tan pegadizas que fan que todo o público se poña a bailar. Estes ritmos latinos intégranse perfectamente co repertorio festivo galego, mesturando tradición e modernidade, e conseguen unir á xente a través do baile e da festa.
Agora coñecerás as súas características principais, escoitarás algúns dos exemplos máis representativos, e serás quen de moverte coa súa música a través de diferentes vídeos ao máis puro estilo Just Dance!
Prepárate para sentir a música, coñecer as súas raíces e gozar movéndote con sons cheos de ritmo.
Lectura facilitada
A música latina destaca polos seus ritmos e enerxía.
Vas traballar catro estilos: cumbia, chachachá, merengue e salsa.
Estes estilos forman parte da música que se escoita e baila nas verbenas de Galicia.
Nesta fase coñecerás características principais, verás exemplos e bailarás.