Saltar navegación

1.2. Reto

O patio en festa

Pictograma de ARASAAC que ilustra unha organización grupal na que varias persoas falan e toman acordos nunha situación na que están todos sentados en círculo.

O reto que se che presenta consiste en organizar, xunto co resto do alumnado da túa clase, unha festa no patio na que interpretarás e bailarás os estilos da música latina que se escoitan nas festas galegas. Como o vas facer?

Estes son os pasos que terás que seguir:

  1. Acordarás co teu grupo clase o lugar idóneo do patio para celebrar a festa.
  2. Traballarás distintos matices e cambios de tempo a través da práctica instrumental e a audición activa.
  3. Compoñerás unha batucada, en tempo de Entroido, que funcionará como interludio entre os diferentes estilos de música latina.
  4. Programarás pequenas sesións de ensaio no que ensinarás os pasos básicos dos bailes latinos.
  5. Organizarás unha sesión de música latina na que se tocarán e bailarán todos os estilos propostos.

Lectura facilitada

O reto consiste en realizar unha festa con música latina.

Pasos:

  1. Elixir un lugar no patio para a festa.
  2. Traballarás distintos matices e cambios de tempo con instrumentos e audicións.
  3. Compoñerás unha batucada.
  4. Programarás ensaios dos pasos básicos.
  5. Organizarás unha sesión de música latina na que se practicará todo o traballado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)