Saltar navegación

3.2. Chachachá

O Chachachá

Breve historia

Parella de baile nunha demostración do chachachá nun escenario e saudando ao público.

O chachachá é un estilo musical de orixe latino, máis concretamente cubano.

Foi creado por Enrique Jorrín, músico, compositor e director de orquestra, nos anos 50.

Provén do danzón, un estilo de danza nativa cubana e de orixe africana. Polo tanto, pódese dicir que o chachachá ten orixes afrocubanas.

Recibiu o seu nome polo son dos pés dos bailaríns do estilo, ao moverse.

Características

Agrupación instrumental do estilo musical chachachá.

Acostuma a ter un compás de 4/4 cunha estrutura no baile que consiste en facer dous movementos lentos seguidos de tres rápidos e unha pausa (chachachá).

Está interpretado musicalmente pola agrupación de charanga, grupo reducido de músicos con instrumentos de vento e percusión.

Na percusión, podemos atopar instrumentos coma as congas, os bongós, timbais, chocallo, güiro ou maracas.

Tamén conta con instrumentos de vento como as trompetas, trombóns ou saxofóns. Dependendo das agrupacións e da contorna, cabería tamén a posibilidade de atopar pezas con pianos e ata baixos eléctricos.

Intérpretes

Bandeira e mapa de Cuba, país de orixe do chachachá.

Enrique Jorrín e a súa orquestra: “La engañadora”

Celia Cruz: “Muñecas del chachachá"

Tito Puente: “Oye como va”

Orquesta Aragón: “El bodeguero”

Caridad Cuervo: “Venus”

Lectura facilitada

Breve historia:

  • Estilo musical de orixe cubano.
  • Creado por Enrique Jorrín nos anos 50.
  • Provén do danzón, estilo de danza cubana de orixe africana.
  • Recibiu o seu nome polo son dos pés ao moverse.

Características:

  • Compás de 4/4 e estrutura de dous movementos lentos seguidos de tres rápidos e unha pausa (chachachá).
  • Interpretado pola charanga, grupo reducido de músicos con instrumentos de vento
    como trompetas, trombóns ou saxofóns, e percusión como congas, bongós, timbais, chocallo, güiro ou maracas.
  • Tamén conta con pianos e ata baixos eléctricos.

Exemplos

De Cuba para o mundo

Pregunta

O grupo de orixe cubano, Orishas, leva o nome dun espírito da relixión afrocubana yoruba. Nesta cultura, ao orisha Oggun fáiselle unha danza coa estrutura do chachachá, como este grupo musical mostra no vídeo. Pero, que xénero musical misturan con este chachachá?

Respostas

Pop

Hip hop

Disco

Retroalimentación

Pregunta

O músico estadounidense Mr C The Slide Man, tamén coñecido como DJ Casper; lanzou no ano 2000 este hit que volveu a triunfar na versión "Cha Cha Slide" en países de todo o mundo en 2016 e 2017. Poderiamos dicir que este tema é a "Macarena" do chachachá, pero, que xénero fusiona o autor co estilo latino?

Respostas

Hip hop

Funky

Pop

Retroalimentación

Pregunta

O artista finés Käärijä, representou o seu país no Festival de Eurovisión en 2024 con esta fusión de xéneros no seu tema musical "Cha cha cha" onde desenvolve unha estética futurista do baile. Pero, cales cres que son os xéneros musicais que mistura na súa proposta?

Respostas

Salsa, hardrock e música clásica

Techno, heavy metal e country

Metal, electrónica e rap

Retroalimentación

Pregunta

Goodboys é un grupo independente actual que xorde nas redes sociais e se populariza con este "Bongo Cha cha cha" que aparece en numerosas publicacións de xente ao redor do mundo. Cal é o xénero que fusionan co chachachá?

Respostas

Pop

Dance

Hip hop

Retroalimentación

Pregunta

O grupo español Gabinete Caligari foi un dos representantes da movida madrileña, un movemento contracultural enmarcado nos anos 80 en Madrid que se estendeu a outros lugares da península como por exemplo, Vigo. Pero, que xénero musical fusionan no seu tema "La culpa fue del chachachá"?

Respostas

Rock

Pop

Rumba

Retroalimentación

Pregunta

As estéticas dos vídeos tamén axudan. Neste caso, o grupo musical Santa Esmeralda, fai unha fusión do chachachá cun estilo moi popular nos anos 70 en EEUU. Cal é?

Respostas

Techno

Cumbia

Disco

Retroalimentación

Pregunta

Eric Allan Dolphy Junior foi un polinstrumentista estadounidense que colaborou con moitísimos músicos como John Coltraine ou Booker Little. Pero neste caso, se escoitas ben, estamos ante a fusión do chachachá con dous xéneros claros. Cales son?

Respostas

Música clásica e jazz

Pop e jazz

Blues e jazz

Retroalimentación

Pregunta

San Pacho é un DJ independente de orixe croata. Con isto xa che conto moito. Cal é o xénero que fusiona co chachachá neste caso?

Respostas

Techno

Hip hop

Rock

Retroalimentación

Pregunta

O artista cubano Dámaso Pérez Prado, foi un dos maiores representantes do mambo dentro da música latina. Máis que fusionar o chachachá podemos dicir que foi un precursor, pois compuxo obras musicais no xénero danzón, un estilo previo ao chachachá. Pero neste caso, que outro xénero incorpora a eses primeiros chachachás?

Respostas

Flamenco

Copla

Bolero

Retroalimentación

Baila chachachá

Logo de coñecer o chachachá, é o momento de moverse. Mira o vídeo, segue os seus pasos e deixa que a música te leve!

Lembra ensaiar para o reto

Xa coñeces os pasos básicos do chachachá. Emprega o tempo de lecer para ensaialos para o reto. Non te esquezas de convidar a todas as persoas que queiran bailar contigo.

Bailar é compartir!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)