Saltar navegación

4. A festa

 

Glosario

Escaleta

Icona dunha escaleta para un festival.

Definición:

Documento no que figuran ordenadas as diferentes intervencións dun evento.

Exemplo:

Houbo que modificar a escaleta do festival unhas horas antes pola enfermidade dun dos artistas.

Lista de reprodución

Icona da lista de reprodución.

Definición:

Colección de temas musicais preparados para ser escoitados.

Exemplo:

Sempre teño unha lista de reprodución preparada para escoitar cando vou camiñar.

Sesión

Icona dunha muller DJ, para exemplificar unha sesión musical.

Definición:

Espazo de tempo no que ten lugar unha actividade definida.

Exemplo:

A sesión de baile durou máis de dúas horas.

Sesión de música latina

Pictograma de ARASAAC dunha discoteca que ilustra unha sesión de música latina.

Até o de agora fuches capaz de traballar todos os ingredientes dunha boa sesión de música latina.

Formaches parte dunha batucada, aprendiches os pasos principais e todo o necesario para comprender os estilos máis representativos da música latina.

Que tes que facer agora?

Toca organizar todo o traballo realizado para que a sesión de música latina que programes teña todo previsto para acadar o reto.

Lectura facilitada

Traballaches todos os aspectos dunha sesión de música latina.

Tocaches unha batucada.

Bailaches a cumbia, o chachachá, o merengue e a salsa.

Toca organizar todo o traballado para acadar o reto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)