Saltar navegación

4.2. Antes da sesión

Nos seus postos

Pictograma de ARASAAC que ilustra a diversificación de tarefas para chegar a un resulotado final.

Até o de agora tes todo ensaiado e o lugar da festa acordado. Participaches na batucada e coñeces as partituras. Ensaiaches todos os pasos de baile da cumbia, o chachachá, o merengue e a salsa. Na sesión de música latina vas desempeñar un único papel. Pero como membro dun grupo, o da túa clase, chegou o momento de diversificar traballos.

Ti e os teus compañeiros e compañeiras debedes repartirvos nas seguintes funcións:

  • alumnado que vai tocar a batucada.
  • alumnado que vai bailar como modelo no lugar disposto para tal fin.
  • alumnado que axuda aos participantes na sesión cos pasos na pista de baile.
  • persoas que se encargan da lista de reprodución.

Lectura facilitada

Ti e os teus compañeiros e compañeiras debedes de repartirvos nas seguintes funcións:

  • alumnado que vai a tocar a batucada.
  • alumnado que vai a bailar como modelo no lugar acotado para tal fin.
  • alumnado que axuda aos participantes na sesión cos pasos na pista de baile.
  • persoas que se encargan da lista de reprodución.

Escolle o teu.

Ten todo preparado

Pictograma de ARASAAC que ilustra o trballo grupal.

Estás nos instantes previos á realización da sesión de música latina.

É preciso que neste momento, xunto co resto da aula, revises se tes todo preparado:

  • lugar disposto para a actividade.
  • instrumentos para a batucada preparados.
  • ensaios realizados.
  • lista de reprodución para os bailes no soporte elixido.

Lectura facilitada

Estás nos instantes previos á realización da sesión se música latina.

Tes todo preparado. Revisa:

  • lugar para a actividade.
  • instrumentos para a batucada.
  • ensaios realizados.
  • lista de reprodución.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)