Saltar navegación

1. Onde é a festa?

 

Glosario

Festa

Icona de dúas persoas bailando

Definición:

É unha celebración ou conmemoración onde a xente se reúne para pasalo ben.

Exemplo:

Este ano, nas festas da vila, haberá actuacións musicais e obradoiros de artesanía para todos os públicos.

Lecer

Icona dunha bicicleta ao aire libre

Definición:

Tempo libre para descansar ou divertirse.

Exemplo:

No tempo de lecer gústame andar coa bicicleta polo monte.

Patio

Icona dun patio cunha randeeira

Definición:

Espazo ao aire libre ao carón dunha escola onde se pode xogar, divertirse ou descansar.

Exemplo:

O patio do noso colexio ten bancos á sombra das árbores para poder descansar.

Atención! Aquí comeza a festa

Composición de tres fotos de patios de colexio. É a imaxe principal do REA que exemplifica o espazo que será o protagonista do reto.

Onde estás? No patio do colexio, de calquera colexio, incluso podería ser o do teu colexio.

E que fas aquí? Terás a responsabilidade de transformar o teu patio nunha auténtica festa da que todo o colexio (alumnado, profesorado, persoal non docente) poderá gozar.

Serás quen de facelo?

Apetéceche?

Lectura facilitada

Estás no patio do colexio.

Aquí terás que organizar unha festa.

Que imos aprender?

Pictograma de baile que ilustra os obxectivos do REA

O beneficio de realizar actividades musicais no tempo de lecer.

Matices ff, mf, f, mp, p e pp. Dinámicas crescendo e diminuendo.

Agóxica, cambios de tempo, terminoloxía, acellerando e ritardando.

Ligadura de unión.

Música latina:

  • Batucada
  • Cumbia
  • Chachachá
  • Merengue
  • Salsa

Feito con eXeLearning (Nova xanela)