Glosario
Interludio

Definición:
É unha parte musical curta que se interpreta entre dúas seccións dunha obra e que serve como transición entre elas.
Exemplo:
O interludio da Cavallería Rusticana é a parte máis emocionante de toda a obra.
Matiz agóxico

Definición:
É a velocidade á que se interpreta unha peza musical. Tamén se coñece como a indicación de tempo.
Exemplo:
Esta obra non indica ningún matiz agóxico, así a persoa que a interprete pode escoller o tempo que máis lle guste.
Matiz dinámico

Definición:
É a intensidade ou volume á que se interpreta unha peza musical.
Exemplo:
O final da 2ª sinfonía de Mahler interprétase nun matiz dinámico tan forte que dá sensación de grandeza e poder.
