A cumbia
Breve historia

A cumbia é unha danza orixinaria de Colombia, en concreto da costa caribeña do país.
As primeiras cumbias documentadas remóntanse a finais do século XIX. Nela mestúranse as culturas africana, española e indíxena. A tradición africana achega o ritmo, os tambores; a española, o vestiario e as letras; e a indíxena, a frauta de millo, as maracas e as gaitas.
A cumbia quere significar cos seus pasos o cortexo do home á muller nativa.
Pódese bailar individualmente ou en grupo, aínda que tradicionalmente é un baile en parella.
Características

A cumbia adoita estar escrita no compás de 2/4 ou 2/2.
A cumbia tradicional é interpretada por tambora, tambor alegre e chamador (tambores); o guache ou maracas; a frauta de millo (traveseira); gaitas femia e macho.
Unha banda de cumbia moderna inclúe acordeóns, guitarras, pianos e baixos eléctricos. Na percusión as guacharacas achegan un son similar ao do güiro e o ritmo vén marcado polo tambor de man denominado chamador. Os metais están presentes, con saxofóns, trompetas e trombóns.
A mediados do século XX a cumbia estendeuse ao resto de países de América latina.
Intérpretes

Los gaiteros de San Jacinto: "Fuego de cumbia"
Los inmortales: "La pollera colorá"
Lucho Bermúdez y su Orquesta: "Fiesta de negritos"
Los Black Star: "La piragua"
Lectura facilitada
Breve historia:
- Danza orixinaria de Colombia.
- Provén de finais do século XIX (dezanove).
- Mestura as culturas africana (ritmo e tambores),
española (vestiario) e indíxena (frauta de millo, maracas e gaitas). - Pódese bailar individualmente, en parella ou en grupo.
Características:
- Compás de 2/4 ou 2/2.
- Interpretada por tambores, guache ou maracas, frauta de millo, gaitas femia e macho.
- Inclúe acordeóns, guitarras, pianos, baixos eléctricos,
guarachas, chamador e metais coma saxofóns, trompetas e trombóns. - A mediados do século XX (vinte) a cumbia estendeuse ao resto de países de América latina.