Os roles
Despois das recomendacións anteriores, é o momento de facer os grupos e seleccionar os roles. Podedes elixir tantos roles como se vos ocorran, pero aquí podedes ver diferentes exemplos:
Audio
Difusión do evento
Todo evento debe ser promovido para dalo a coñecer e que as persoas saiban da súa existencia. Se non coñecen que se vai realizar un evento, dificilmente poderán participar.
A promoción dun torneo pode facerse de diferentes formas, pero un xeito moi doado de dalo a coñecer e un dos máis empregados é co uso de carteis. Estes carteis pódese empregar dixitalmente ou con carteis físicos. De todas formas, ambas as opcións teñen algo en común: a necesidade de crear os carteis.
Despois podédelos empregar dixitalmente para difundilos por redes sociais ou imprimilos e pegalos en distintos espazos.
Que opción vos parece a máis axeitada para promover o voso torneo?
Actividade grupal 1 - Creando carteis
Como persoas organizadoras dun torneo deportivo seguro que queredes que o alumnado se anime a participar como público, polo que o reto deste grupo é crear un cartel para promover o voso evento.
Como podedes conseguir iso? Coa creación de carteis orixinais cos que captar a atención do alumnado e conseguir así que acuda como público.
Tede en conta que é moi importante que o cartel debe cumprir uns requisitos:
- Ser orixinal e rechamante para captar a atención do posible público.
- Ofrecer a información sobre o evento, sen abusar de moito texto.
Aquí tendes un exemplo:
Podedes observar que é un cartel que busca captar a atención de toda persoa que o vexa da seguinte maneira:
- Ten unha imaxe orixinal e rechamante sobre o concurso.
- O nome do evento aparece nun tamaño axeitado, sendo fácil de visualizar.
- As datas da celebración do evento son claras.
- Non hai moito texto.
- Aparecen as persoas organizadoras ou co-organizadoras. É importante que as posibles persoas participantes saiban quen o organiza.
Se vedes un cartel deste concurso, gustaríavos acudir como público? Por que?
Lectura facilitada
É importante que o evento se coñeza.
Unha maneira fácil de promoción é a cartelaría. Esa cartelaría pode ser dixital, en redes sociais, ou con carteis impresos.
Que opción vos parece mellor para promover o voso evento?
Actividade grupal 1 - Creando cartelaría
O reto deste grupo é crear un cartel para promover o voso evento.
Como podedes conseguir iso? Coa creación de cartelaría orixinal para captar a atención do alumnado.
O cartel debe cumprir uns requisitos:
- Ser orixinal e rechamante.
- Ofrecer a información sobre o evento, sen moito texto.
Aquí tendes un exemplo:
Busca captar a atención de toda persoa que o vexa da seguinte maneira:
- Ten unha imaxe orixinal e rechamante sobre o concurso.
- O nome do evento aparece nun tamaño fácil de ver.
- As datas da celebración do evento son claras.
- Non hai moito texto.
- Aparecen as persoas organizadoras.
Se vedes un cartel deste concurso, gustaríavos acudir como público? Por que?
Audio
Speaker
En todo evento que se prece debe haber un speaker que anime e consiga un ambiente máximo de gozo, tanto das persoas participantes como do público asistente.
Quen se encargará de presentar o deporte, presentar participantes, de animar durante os partidos, de facer que o público anime constantemente, de crear un ambiente inigualable con música adecuada ao momento?
Actividade grupal 2 - Creando a presentación do speaker
Ser speaker tamén leva o seu traballo de preparación.
Hai moitas cousas que improvisar, pero tamén é necesario levar preparados datos e información relevante que transmitir en determinados momentos.
Como se xoga ao deporte que se vai practicar? Quen xoga en cada equipo? Que canción poderiades meter en cada momento de partido?
Cada torneo é un mundo e tedes que estar preparados e preparadas para calquera situación que atopedes. A improvisación tamén se adestra! Empezade a facelo!
Lectura facilitada
En todo evento debe haber un speaker que anime e consiga un ambiente máximo de gozo.
Quen se encargará de presentar o deporte?
- De presentar participantes?
- De animar durante os partidos?
- De crear un ambiente inigualable?
Actividade grupal 2 - Creando a presentación do Speaker
Ser speaker tamén leva o seu traballo de preparación.
É necesario levar preparados datos e información relevante.
Como se xoga ao deporte que se vai practicar?
Quen xoga en cada equipo?
Que canción poderiamos meter en cada momento de partido?
Audio
Arbitraxe
Este rol é moi importante! En todo deporte temos que ter alguén que se asegure de que se cumpren as regras de xogo e que o partido se desenvolve de forma xusta e ordenada. Queres ser ti?
Actividade grupal 3 - Creando o decálogo de normas
Cada grupo debe crear un decálogo de normas. Deberedes citar e explicar as 10 normas de xogo máis importantes do voso deporte.
Recordade incluír aspectos como o espazo de xogo, a forma de puntuación, o número de xogadores e xogadoras por equipo, o tempo de xogo, o material que se utilizará, que actos son infracción e cales non, como se gaña un partido...
Ademais de realizar un documento ilustrativo do mesmo, seredes os encargados e encargadas de transmitilo ao resto de participantes e, como non, de arbitrar os partidos do torneo. Que se cumpran as normas está nas vosas mans! E no voso asubío...
Lectura facilitada
Este rol é moi importante!
En todo deporte temos que ter alguén que se asegure de que se cumpren as regras.
Actividade grupal 3 - Creando o decálogo de normas
Cada grupo debe citar e explicar as 10 normas de xogo máis importantes do voso deporte.
Debedes realizar un documento ilustrativo.
Transmitilo ao resto de participantes.
Arbitraredes os partidos do torneo.
Audio
Marcador
Quen vai levar o control de resultados? Quen vai determinar que tipo de torneo se vai organizar segundo o número de equipos participantes? Quen vai organizar os cruces de partidos?
Actividade grupal 4 - Creando a acta e o cadro de partidos
Para o control dos partidos levaredes unha acta, que teredes que crear, onde rexistrar a puntuación, xogadores e xogadoras participantes e todo aquilo que necesitedes anotar segundo o regulamento do voso deporte.
Ademais, tedes que crear o cadro de competición dependendo do número de equipos participantes: liga a 1 volta, liga a 2 voltas, liga e playoff, eliminatorias directas, repesca... Tedes moitas opcións!
Tratade de escoller a que máis partidos involucre a todas as persoas participantes, xa que o fundamental será iso, practicar! E gozar!
Lectura facilitada
Quen vai levar o control de resultados?
Quen vai organizar os cruces de partidos?
Actividade grupal 4 - Creando a acta e o cadro de partidos.
Teredes que crear unha acta onde rexistrar a puntuación e datos do partido.
Ademais, tedes que crear o cadro de competición: faredes liga a 1 volta, liga a 2 voltas, liga e playoff, eliminatorias directas, repesca?
Audio
Xornalista
En todo evento de nivel, como vai ser o voso, hai diferentes xornalistas que contan as noticias máis importantes que suceden.
Anímaste a entrevistar protagonistas e narrar o máis importante do evento? Convértete en xornalista de deportes.
Actividade grupal 5 - Vídeo resumo da xornada
Na actualidade, as redes sociais copan toda a información necesaria de calquera evento deportivo.
Na nosa propia man, e en menos de 2-3 minutos, podemos descubrir todo o que sucedeu nunha xornada deportiva.
Como bos xornalistas, seredes quen vos encarguedes de realizar un resumo da xornada, gravando as xogadas máis importantes, resumindo os resultados e clasificacións e entrevistando protagonistas da xornada dando a súa opinión sobre o voso deporte en xeral e sobre o partido disputado en particular.
Utilizaredes o formato vídeo, non indo máis aló de 2-3 minutos. Tratade de facer vídeos con concisión, dinamismo e entretemento para captar a atención da xente o mellor posible.
Lectura facilitada
En todo evento hai diferentes xornalistas que cobren as noticias máis importantes que suceden.
Convértete en xornalista de deportes.
Actividade grupal 5 - Vídeo resumo da xornada
Como bos e boas xornalistas, encargarédesvos de:
- Realizar un resumo da xornada.
- Gravando as xogadas máis importantes.
- Resumindo os resultados e clasificacións.
- E entrevistando protagonistas.
Utilizaredes o formato vídeo, non indo máis aló de 2-3 minutos.
Tratade de facer vídeos:
- Concisos.
- Dinámicos.
- Entretidos.
