Saltar navegación

5.1. Repasando todo

Como foi DeporLab?

Agora toca que reflexionedes mediante un debate en grupo sobre todo o proceso: o antes, o durante e o despois do torneo.

Antes da organización do torneo:

  • Que sabiades antes e que aspectos novos aprendestes en relación ós deportes alternativos?
  • E sobre o quecemento? Sabiades o que era o quecemento específico?
  • Por que elixistes un tipo de torneo deportivo e non outro para o voso deporte?
  • Que foi o que máis vos custou pensar para a creación do voso deporte alternativo?

Durante a organización do torneo:

  • Por que elixistes un ou outro rol? Todos os roles tiñan a mesma importancia? 
  • Que aspectos positivos e negativos destacades na fase de organización do torneo?

Despois do torneo:

  • Estades satisfeitas e satisfeitos co desenvolvemento do torneo? 
  • Unha vez analizado o resultado final, tedes propostas de mellora no caso de que volvades organizar algo similar? E cambiariades algo do voso deporte?

Que aprendiches?

Infografía resumo da situación de aprendizaxe DeporLab

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)