Instrumento para avaliar unha actividade na que se marca a ausencia ou a presenza de cada característica que se pretende analizar.
Exemplo:
Avaliou cunha lista de cotexo o traballo das alumnas.
Simular
Definición:
Reproducir unha actividade tentando que sexa o máis real posible.
Exemplo:
Foi a un planetario para simular que ve as estrelas.
Comprobade a organización do voso torneo
Para que o voso torneo saia ben debe planificarse con previsión, minimizando os problemas que poidan xurdir cando se leva a cabo.
Imaxinade que vos atrevedes a levalo á práctica sen unha previa simulación. Que podería pasar?
Todo torneo debe cumprir uns requisitos que tiñades que ter en conta. É o momento de facer unha simulación dunha xornada do torneo ou dunha parte dunha xornada e realizar unha análise posterior.
Agora que seguistes uns pasos previos para organizar e levar a cabo o voso torneo, o ideal é facer unha revisión ou comprobación de se os aspectos máis importantes foron tidos en conta. Iso permitiravos rectificar e reaxustar despois da simulación.
A continuación, poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.
Lectura facilitada
Debedes planificar con previsión para que o torneo saia ben.
Agora que seguistes uns pasos para organizar o voso torneo,
o ideal é facer unha revisión dos aspectos máis importantes.
Iso permitiravos rectificar e reaxustar nun futuro.
A continuación, poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.
Audio
Lista de cotexo
Analizando o voso torneo
Ítem
Si
Non
Os espazos son axeitados?
Os tempos dos partidos e dos descansos foron suficientes?
O número de persoas organizadoras e os roles asignados foron suficientes para o desenvolvemento do torneo?
O número de equipos participantes axustouse ás características do torneo?
O material empregado foi axeitado para o desenvolvemento dos partidos?
Audio
Chegou o día!
Viviredes un torneo no que seredes os auténticos organizadores e organizadoras do evento.
Aquí a vosa función como persoas organizadoras e como participantes á vez é moi importante, xa que da vosa implicación e compromiso ao longo do torneo dependerá de que todo saia ben.
Lectura facilitada
Ide organizar un torneo.
Organizades e xogades á vez.
Do voso compromiso dependerá que o torneo saia ben.