Obxectivos
1. Coñecer e practicar varios deportes alternativos e comprender a súa diferenza cos deportes convencionais.
2. Crear un deporte alternativo propio: regulamento, espazo de xogo, materiais...
3. Afondar nos aspectos clave dun quecemento e diferenciar entre quecemento xeral e específico.
4. Crear e poñer en práctica diferentes tipos de quecemento.
5. Coñecer os diferentes tipos de torneos deportivos e poñer en práctica algún deles de forma autónoma.
6. Fomentar os valores deportivos: respecto, traballo en equipo, compromiso, xogo limpo, esforzo, igualdade...
Lectura facilitada
1. Coñecer e practicar varios deportes alternativos.
2. Crear un deporte alternativo propio.
3. Diferenciar entre quecemento xeral e específico.
4. Crear e poñer en práctica diferentes tipos de quecemento.
5. Organizar un torneo deportivo.
6. Fomentar os principais valores do deporte.




