Os deportes

O deporte é toda aquela actividade física que involucra unha serie de regras ou normas a cumprir dentro dun espazo ou área determinada (campo de xogo, pista, cancha...) moitas veces asociado á competitividade deportiva, algo que no instituto non nos interesa. Ao voso reto debedes darlle un enfoque lúdico, de diversión.
Os deportes pódense clasificar de diversas formas, pero algunhas categorías comúns poderían ser:
De equipo
Algúns exemplos:
- Fútbol.
- Baloncesto.
- Voleibol.
- Balonmán.
De raqueta
Algúns exemplos:
- Tenis.
- Tenis de mesa.
- Bádminton.
Acuáticos
Algúns exemplos:
- Natación.
- Surf.
- Remo.
De montaña
Algúns exemplos:
- Escalada.
- Sendeirismo.
- Trail.
Outra categoría moi importante de deportes, moi utilizada polos mestres e mestras de Educación Física, son os deportes alternativos.
Nesta fase coñeceredes e practicaredes 4 deportes alternativos, co obxectivo de inspirarvos para que creedes os vosos propios deportes.
Lectura facilitada
O deporte é toda aquela actividade física que involucra unha serie de regras a cumprir dentro dun espazo (campo de xogo, pista, cancha...).
Moitas veces asóciase o deporte á competitividade, algo que no instituto non nos interesa.
Ao voso reto debedes darlle un enfoque lúdico, de diversión.
Os deportes pódense clasificar de diversas formas:
- De equipo, como o baloncesto.
- De raqueta, como o bádminton,
- Acuáticos, como o surf.
- De montaña, como a escalada.
Outra categoría moi importante de deportes son os deportes alternativos.
Nesta fase coñeceredes e practicaredes 4 deportes alternativos.
O obxectivo é inspirarvos para que creedes os vosos propios deportes.