O voso diario

Chegou o momento de cubrir os apartados da Fase 3 do voso diario de aprendizaxe.
Nesta fase, centrástesvos en aprender que é o quecemento e os diferentes tipos que hai, os elementos do deporte e a diferenza cos deportes alternativos. A continuación, probastes catro deportes alternativos diferentes (o kinball, o ultimate, o pinfuvote e o colpbol) e creastes os vosos propios deportes alternativos, inventando as súas regras e materiais empregados.
Non esquezades que tamén aprendestes o que é un torneo deportivo e os tipos que hai para poder continuar o voso reto.
Anotade no diario as vosas reflexións. Se non tedes o diario de aprendizaxe, podedes ver o documento dende aquí.
Lectura facilitada
Cubride os apartados da Fase 3 do diario de aprendizaxe.
Nesta fase aprendestes que é o quecemento e os diferentes tipos que hai.
Tamén vos informastes dos elementos do deporte e a diferenza cos deportes alternativos.
Probastes catro deportes alternativos diferentes:
- O kinball.
- O ultimate.
- O pinfuvote.
- O colpbol.
Creastes os vosos propios deportes alternativos.
Tamén as súas regras e materiais empregados.
Tamén aprendestes o que é un torneo deportivo e os tipos que hai.
Anotade no diario as vosas reflexións.
Podedes ver o diario de aprendizaxe dende aquí.