Saltar navegación

1.1. Presentación do reto

 

Glosario

Deportes alternativos

Pictograma de disco voador para representar o concepto de deporte alternativo

Definición:

Actividades físicas e deportivas que xorden como alternativas aos deportes convencionais.

Exemplo:

O ultimate é un deporte alternativo que se xoga cun frisbee.

Traballo en equipo

Pictograma traballo en grupo para representar o concepto de traballo en equipo

Definición:

Colaboración dun grupo de persoas para lograr un obxectivo común, onde cada membro achega as súas habilidades e coñecementos.

Exemplo:

O traballo en equipo é o segredo para un resultado extraordinario.

Torneo deportivo

Pictograma de copa

Definición:

Competición na que varios individuos ou equipos compiten entre eles para determinar un gañador ou gañadora e/ou clasificar os mellores participantes.

Exemplo:

O campión da copa ten dereito a disputar o torneo de campións.

O reto

Seredes capaces de...

Inventar un novo deporte?

E de deseñar un torneo para xogar ao deporte alternativo que inventedes?

Seredes capaces?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)