Saltar navegación

3. Probas e ensaios

probetas simulando probas e ensaios de laboratorio

Todo bo experimento, antes de chegar á súa fase final, debe pasar unha fase de probas e ensaios. Neste caso, coñeceredes aspectos clave sobre o quecemento, o deporte en xeral e os deportes alternativos en particular.

Ademais, poderedes probar algún dos deportes alternativos máis divertidos, para que coñezades de primeira man este tipo de deportes e poidades ter máis ideas para crear o voso propio.

Agora xa tedes os grupos feitos e moita información. É a hora de deixar paso á imaxinación para crear o voso deporte alternativo para poder posteriormente organizar un torneo do mesmo. A pola fase 3!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)