Saltar navegación

4.1. Deseñando o torneo

 

Glosario

Cartel

Pictograma de cartel

Definición:

Folla de maior tamaño ca un a4, na que se imprime un anuncio e que se coloca nun lugar público para captar a maior atención posible.

Exemplo:

O clube de baloncesto colocou un cartel na Praza do Concello para que a rapazada se anime a formar parte dos seus equipos.

Deseñar

Pictograma de deseñar

Definición:

Facer o deseño de algo, xa sexa unha idea, un proxecto...

Exemplo:

O arquitecto deseñou o proxecto do edificio.

Organización

Pictograma de organigrama para representar o concepto de organización

Definición:

       Acción e efecto de prepararse, con vistas a cumprir unha función.

Exemplo:

       Para crear o evento necesitan organización.

Rol

Pictograma de equipo de orientación para representar o concepto de rolDefinición:

          Función que lle corresponde a alguén nunha determinada situación.

Exemplo:

          No partido un ten o rol de árbitro e os outros de xogadores.

A organizarse!

É o momento de organizar o torneo.

Todas e todos ides participar como xogadores e xogadoras, pero antes e durante o torneo tamén participaredes na súa organización.

E como o ides facer? En equipo!

Para que o voso torneo deportivo saia a ben, debe planificarse con previsión, minimizando os problemas que poidan xurdir cando se leva a cabo.

Imaxinade que vos atrevedes a levalo á práctica sen organizarvos previamente. Que podería pasar?

Agora dánsevos algunhas recomendacións que debedes seguir en canto á organización do desenvolvemento do mesmo:

QUE DEBEREDES TER EN CONTA?
Espazos

Con que espazos contades?

Que características teñen?

Adáptanse ao voso deporte?

Seguridade

Que medidas de seguridade tomaredes para o torneo?

Necesitades axuda externa?

Horarios

Cal será a franxa horaria do torneo?

Que duración terán os partidos?

Haberá tempo para realizar os quecementos específicos?

Participantes

Con que número de grupos contades?

Como será o formato do torneo en función do número de grupos participantes e do tempo dispoñible?

O número de participantes por grupo axústase ao espazo do que dispoñedes?

Roles da organización do concurso

Que roles teredes as persoas organizadoras?

Cales son as funcións específicas de cada rol?

Como se asignarán eses roles entre as persoas organizadoras?

Os roles serán rotativos?

Tendo claro isto, é o momento de organizar o torneo.

Nas seguintes sesións de Educación Física organizaredes os vosos torneos deportivos, explicando previamente as normas e forma de xogar ó voso novo deporte.

Para iso, deberedes decidir cada un de vós onde queredes achegar as vosas ideas. En función da tarefa que vos apeteza realizar, pertenceredes a un grupo cun rol determinado.

Lectura facilitada

É o momento de deseñar.

Actuaredes como xogadores/as e como persoas organizadoras.

E como o ides facer? En equipo!

Todo torneo debe planificarse con previsión para evitar problemas que poidan xurdir.

Imaxinade que facedes un evento sen planificación. Que podería pasar?

A continuación dámosvos algunhas recomendacións:

QUE DEBEREDES TER EN CONTA?
Espazos

Con que espazos contades?

Que características teñen?

Adáptanse ao deporte?

Seguridade

Que medidas de seguridade tomaredes para o torneo?

Necesitades axuda externa?

Horarios

Cal será a franxa horaria do torneo?

Que duración terán os partidos?

Haberá tempo para quecementos?

Participantes

Con que número de participantes/equipos contades?

Como será o formato do torneo en función do número de participantes/equipos?

O número de participantes axústase ao espazo do que dispoñedes?

Roles da organización do concurso

Que roles teredes as persoas organizadoras?

Cales son as funcións específicas de cada rol?

Como se asignarán eses roles entre as persoas organizadoras?

Os roles serán rotativos?

É o momento de organizar o voso torneo.

Nas seguintes sesións organizaredes o torneo, explicando previamente como se xoga ó voso novo deporte.

Realizaredes as tarefas en grupo do rol que elixades.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)