Saltar navegación

3.3. Os deportes alternativos

Coñecendo outros deportes

Os deportes alternativos son prácticas físicas e lúdicas que se afastan das disciplinas deportivas tradicionais, ofrecendo novas formas de movemento, interacción e diversión.

Estes deportes xorden como unha alternativa creativa que promove a inclusión, a cooperación e a participación sen centrarse unicamente na competición. A súa variedade e dinamismo fan que sexan unha excelente opción para fomentar a actividade física, o traballo en equipo e a motivación en diferentes idades.

Ides descubrir nas sesións de Educación Física 4 destes deportes: o kinball, o pinfuvote, o colpbol e o ultimate frisbee.

Lectura facilitada

Os deportes alternativos son prácticas físicas e lúdicas.

Afástanse das disciplinas deportivas tradicionais.

Os deportes alternativos ofrecen novas formas de:

  • Movemento.
  • Interacción.
  • Diversión.

Estes deportes xorden como unha alternativa creativa.

Promoven a inclusión, a cooperación e a participación sen centrarse unicamente na competición.

A súa variedade e dinamismo fan que sexan unha excelente opción para fomentar:

  • A actividade física.
  • O traballo en equipo.
  • A motivación en diferentes idades.

Ides descubrir nas sesións de Educación Física 4 destes deportes::

  • O kinball.
  • O pinfuvote.
  • O colpbol.
  • O ultimate.
  • O frisbee.

Colpbol

Infografía de colpbol

Kinball

Infografía de kinball

Pinfuvote

Infografía sobre pinfuvote

Ultimate frisbee

Infografía sobre ultimate

A xogar!

Poñede en práctica estes deportes nas sesións motrices de Educación Física.

Pensade que para crear os vosos propios deportes é bo coñecer como se xoga aos deportes vistos antes.

A practicar!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)