Saltar navegación

3.1. O quecemento

 

Glosario

Sesión

Pictograma de clase para representar o concepto de sesión

Definición:

Espazo de tempo ocupado por unha actividade.

Exemplo:

Despois do comedor, o grupo de 1º de ESO ten sesión de Educación Física no pavillón.

Que é?

Unha parte moi importante de cando unha persoa realiza actividade física é o quecemento. Pero, que é?

Pódese definir como un conxunto de exercicios que se realizan ao inicio dunha sesión de actividade física para preparar o corpo para render mellor e evitar lesións na parte principal.

Seguro que todas e todos vós tamén fixestes diferentes quecementos nas sesións de Educación Física.

Saberiades dicir como quecedes nas sesións co voso mestre ou mestra? Se non coñecedes os diferentes tipos de quecementos, podedes formarvos facendo clic na lapela que tedes a continuación.

Lectura facilitada

Conxunto de exercicios que se realizan ao inicio dunha sesión de actividade física.

Permite preparar o corpo para:

  • Render mellor.
  • Evitar lesións na parte principal.

Como quecedes nas sesións co voso mestre ou mestra?

Se non coñecedes os diferentes tipos de quecementos,

podedes formarvos facendo clic na lapela que tedes a continuación. 

Tipos de quecemento

Xeral

Quecemento no que se empregan exercicios para preparar todo o corpo, independentemente do tipo de actividade que se vaia realizar posteriormente.

Serve para preparar todos os músculos e articulacións.

Específico

Quecemento no que se fan exercicios que imitan os movementos do deporte ou actividade que se vai practicar.

Axuda a preparar os músculos e articulacións que máis se van usar. 

Que debe incluír un quecemento?

O quecemento debe incluír 4 partes principais:

- Activación xeral: exercicios suaves para aumentar a temperatura corporal (desprazamentos, correr, saltar...).

- Mobilidade articular: movementos para preparar as articulacións (xiros de nocellos, círculos cos brazos...).

- Movementos dinámicos: exercicios en movemento a maior velocidade para activar os músculos (elevacións de xeonllos, talóns a glúteos...).

- Exercicios de estiramentos: exercicios que teñen como obxectivo aumentar a flexibilidade dos músculos.

Organiza un quecemento

Pictograma de persoas facendo un quecementoCada grupo teredes que organizar un quecemento completo que inclúa exercicios das diferentes partes.

Eses quecementos deberedes poñelos en práctica ao inicio das seguintes sesións prácticas.

Cando o teñades listo, usade a lista de cotexo para comprobar que o voso quecemento inclúe todo o necesario.

Lista de cotexo

Comprobade o voso quecemento

Ítem

Si

Non

É progresivo, indo de menos a máis.

Contén exercicios suaves, como diferentes tipos de desprazamentos.

Contén exercicios de mobilidade articular.

Hai unha fase de activación dinámica na que se inclúen exercicios a maior velocidade.

Dedícase un tempo aos estiramentos.

Outros quecementos

Nena escapando nun xogo de pilla pillaQueredes saber máis? Que ben!

Os quecementos vistos ata agora son os máis rigorosos tecnicamente. É dicir, os máis empregados por atletas ou deportistas antes de levar a cabo a actividade física.

Pero hai outra forma de entrar en calor, que é con xogos de pilla pilla. Estes empréganse sobre todo cando son rapaces e rapazas de curta idade os que van realizar unha actividade física. Seguro que cando iades ao voso colexio, o voso mestre ou mestra facíavos algún xogo de pilla para comezar a sesión.

Recordades algún? Poderedes preparar algún como complemento do voso quecemento.

Lectura facilitada

Queredes saber máis?

Que ben!

Hai outra forma de entrar en calor.

Con xogos de pilla pilla.

Estes empréganse sobre todo cando son rapaces e rapazas de curta idade.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)