Saltar navegación

3.4. Creando o voso deporte

Glosario

Glosario

Consumo responsable

Consumo responsable

Definición:

Gasto e uso consciente e crítico, empregando eficientemente os recursos dos que se dispoñen.

Exemplo:

Mercou roupa de segunda man para facer un consumo responsable e ter menos impacto no medio ambiente.

Infografía

Exposición dunha infografía

Definición:

Deseño gráfico que combina textos e elementos visuais para comunicar información precisa sobre diferentes temas.

Exemplo:

Elaborou unha infografía para explicar os resultados da súa investigación.

Regra

Árbitro

Definición:

Fórmula que expresa o que se debe ou non se debe facer e como se debe facer.

Exemplo:

O árbitro aplica as regras de xogo.

A experimentar!

CientíficoDespois de aprender as características dos deportes alternativos e de probar varios, toca que comecedes co laboratorio deportivo!

1. Fase de investigación

InvestigaciónNesta fase crearedes os vosos propios deportes alternativos, tendo en conta que sexa o máis orixinal posible.

Cada grupo terá que inventar un deporte alternativo tendo en conta os seguintes elementos:

Nome do deporte

Letras e números

Elixide un nome orixinal e que represente as características principais do deporte.

Nº de xogadoras/xogadores

Xogadoras con número

Cantas persoas xogan á vez no campo? E cantas hai no banco?

Hai porteiros?

Espazo

Campo de fútbol australiano con regras

Que medidas terá o terreo de xogo?

Ten espazos ou liñas especiais, tendo en conta as normas do xogo para esa zona?

Hai fóra neste deporte?

Tempo

Cronómetro

Canto tempo dura o partido?

Ten partes e descansos?

Párase o tempo cando hai faltas ou fóra?

Material

Símbolo da reciclaxe

Elixide o material que ides empregar en función das regras que vaiades crear. Como sempre, canto máis orixinal mellor, polo que tedes que intentar inventar o voso propio material. 

Tede en conta o consumo responsable e atrevédevos a construír o voso material con materiais reciclados!

Regras

Tarxeta vermella

Explicade todas as normas de xogo e posibles excepcións ás normas principais que non explicastes antes. Por exemplo:

  • Como se producen os puntos ou goles? Hai diferentes puntuacións?
  • Hai faltas? Se as hai, que accións levan unha falta? Como se executan os diferentes tipos de falta?
  • Hai sancións con tempo sen xogar ou expulsións?
  • Como se comeza a xogar ao inicio e cada vez que se reinicia o xogo?

2. Fase de experimentación

Facer probasUnha vez inventados todos os elementos do deporte, cada grupo teredes que probar a vosa creación. É o momento de facer cambios nos diferentes elementos do deporte creado, se observades que algún troco pode facer que o xogo sexa máis dinámico e divertido ou que poida facilitar ou dificultar a práctica.

Lectura facilitada

Despois de crear o voso deporte teredes que probalo.

É o momento de facer cambios nos diferentes elementos do deporte.

Facede trocos se necesitades que o xogo sexa máis divertido.

Ou facede cambios se queredes que o xogo sexa máis fácil ou máis difícil. 

3. Fase de conclusión

Meta finalXa experimentastes o voso deporte. Agora ides mostrarllo aos demais grupos.

Para iso, teredes que crear unha infografía similar ás que vistes no apartado de deportes alternativos para que todas as persoas da clase coñezan todo o imprescindible para xogar ao voso deporte.

Lectura facilitada

Xa experimentastes o voso deporte.

Agora ides mostrarlle o deporte aos demais grupos.

Teredes que crear unha infografía similar ás que puidestes ver no apartado de deportes alternativos.

O obxectivo é que todas as persoas da clase poidan xogar ao voso deporte.

Como crear unha infografía?

Para elaborar unha infografía deberedes ter claros unha serie de aspectos:

  1. Definide o voso obxectivo: que pretendedes coa infografía? Queredes ensinar as regras do voso deporte ou algo máis? Neste caso é importante que o nome do deporte quede claro.
  2. Tede en conta a quen vai dirixida: ao alumnado do voso curso, ao de todos os cursos ou tamén ás persoas adultas? En función do público ao que vaia dirixida podedes empregar un tipo de linguaxe ou outro para enganchar a audiencia.
  3. Resumide e organizade a información: explicade os datos máis importantes do deporte, sen empregar demasiada información que dificulte o visionado da infografía. Un deseño simple, ordenado e fácil de ler sempre atraerá máis.
  4. Utilizade un deseño que chame a atención: empregade cores e tipos de letras atractivos, imaxes que resalten e complementen o texto e iconas variadas, pero sen pasarvos. Con 2 ou 3 tipos de letra e iconas e 2 ou 3 imaxes ou gráficos pode ser suficiente.
  5. Decidide como publicar a infografía: en función de se ides publicala fisicamente con carteis ou se o faredes a través de internet, o tamaño da letra e das imaxes pode variar. 

Se regresades ao apartado 3.3. Os deportes alternativos poderedes ver 4 exemplos de infografías de 4 deportes.

Lectura facilitada

Para elaborar unha infografía deberedes ter claros unha serie de aspectos:

  1. Definide o voso obxectivo: Queredes ensinar as regras do voso deporte ou algo máis? É importante que o nome do deporte quede claro.
  2. Tede en conta a quen vai dirixida: ao alumnado do voso curso, ao de todos os cursos ou tamén ás persoas adultas? Debedes intentar enganchar a vosa audiencia.
  3. Resumide e ordenade a información: explicade os datos máis importantes do deporte sen empregar demasiada información. Un deseño simple, ordenado e fácil de ler sempre atraerá máis.
  4. Utilizade un deseño que chame a atención: empregade cores, iconas e imaxes variadas e rechamantes pero sen pasarvos. Con 2 ou 3 tipos de letra e iconas e 2 ou 3 imaxes ou gráficos pode ser suficiente.
  5. Decidide como publicar a infografía: fisicamente con carteis ou  través de internet. Dependendo de onde publiquedes a infografía, o tamaño da letra e das imaxes pode variar. 

Se regresades ao apartado 3.3 Os deportes alternativos veredes 4 exemplos de infografías de 4 deportes.

4. Fase de comparación dos resultados

Diferentes xogos de madeiraPor último, toca o máis divertido, probar os deportes de todos os grupos para posteriormente elixir o que máis vos guste.

Xogaredes un partido de cada deporte alternativo creado por cada grupo.

Lectura facilitada

Por último, toca o máis divertido.

Probade os deportes de todos os grupos.

Despois, elixide o que máis vos guste.

Xogaredes un partido de cada deporte alternativo.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)