Lugar no que se atenden e coidan persoas maiores que só abre durante o día.
Exemplo:
O meu avó xoga as cartas polas mañás no centro de día.
Diapositiva
Definición:
Cada unha das páxinas nunha presentación dixital.
Exemplo:
A presentación do tema de Historia tiña 10 diapositivas.
Obradoiro
Definición:
Taller para a aprendizaxe práctica dunha actividade creativa.
Exemplo:
Anoteime nun obradoiro de cerámica.
A quen queredes presentarlle o voso deporte alternativo?
Se a creación do deporte alternativo e o torneo foi o éxito que todas e todos esperabades, por que non presentarllo a outras persoas?
Podedes elixir presentarllo a outros cursos, a rapazas e rapaces doutros centros educativos, aos clubs deportivos locais ou a calquera entidade ou persoa que se vos ocorra.
Xuntádevos todo o grupo e debatede entre todas as persoas para chegar a unha conclusión e decidir a quen queredes que chegue a información do voso novo deporte.
Lectura facilitada
Por que non presentarlle o voso deporte a outras persoas se resultou ser un éxito?
Podedes elixir presentar o voso deporte a calquera entidade ou persoa que se vos ocorra.
Debatede entre todas as persoas para chegar a unha conclusión.
Decidide a quen queredes que chegue a información do voso novo deporte.
Audio
Como daredes a coñecer o voso deporte?
En función da decisión anterior, na que exististes a quen daredes a coñecer o voso deporte, agora teredes que elexir como presentalo.
Hai múltiples maneiras de mostrar o voso novo deporte. A continuación, expóñense varios exemplos que podedes escoller para presentar o voso deporte:
Diapositivas explicativas
Todo o que explicastes na infografía do apartado 3.4 "creando o voso deporte" pero máis desenvolvido nunha presentación con diapositivas dixitais.
Infografía
O máis fácil, porque xa tedes a infografía feita despois do apartado 3.4 "creando o voso deporte".
Texto en PDF
Un documento de texto en formato .pdf con todos os aspectos do regulamento (espazo, tempo, número de xogadoras e xogadores, material, puntuación, faltas etc.) e o material.
Vídeo
Un vídeo que resuma as regras. Pode ser un bo complemento visual ao documento de texto ou á presentación, de maneira que pode observarse o regulamento coas imaxes dun partido ou facer un titorial de autoconstrución do material.
Se queredes tomade como exemplo dous vídeos dun deporte alternativo chamado quadball. Un vídeo explicando o deporte e outro de autoconstrución do material:
QuadballQuadball. Autoconstrución de material
E unha vez deseñada a presentación do deporte, por último, teredes que decidir a través de que medio facelo: a páxina web do centro, un blog, as redes sociais do centro...
Lectura facilitada
Agora teredes que elixir como presentar o deporte.
Tede en conta a quen decidistes que irá dirixida a presentación.
Hai moitas formas de presentar o deporte.
A continuación, tedes varios exemplos para presentar o voso deporte:
Diapositivas explicativas
Toda a información que explicastes na infografía pero máis desenvida con diapositivas dixitais.
Infografía
O máis fácil. Xa tedes a infografía feita despois do apartado 3.4 "creando o voso deporte".
Texto en PDF
Un documento de texto en formato .pdf con todos os aspectos do regulamento e o material.
Vídeo
Un vídeo que resuma as regras. O vídeo complementa o documento de texto ou a presentación. Pode ser sobre as regras do deporte ou de autoconstrución do material.
Exemplo: dous vídeos dun deporte alternativo chamado quadball. Un vídeo explicando o deporte e outro de autoconstrución do material:
QuadballQuadball. Autoconstrución de material
Para rematar decidide a través de que medio presentar o deporte: a páxina web do centro, un blog, as redes sociais do centro...
Audio
E agora que?
Despois de realizar o torneo do voso deporte alternativo e de presentalo a outras persoas, por que non dar un paso máis no vindeiro curso?
Agora que xa tedes experiencia na organización dun torneo estaría xenial que vos animedes a facer un evento que saia fóra das portas da clase. Aquí tedes algúns exemplos para que deixedes voar a vosa imaxinación:
Día da Educación Física na Rúa
O día da Educación Física na Rúa (DEFR) é unha cita anual para visibilizar a importancia da actividade física e o deporte, levando a Educación Física fóra dos colexios e institutos, con actividades nos espazos públicos de aldeas, vilas e cidades. Que vos parece se presentades e xogades ao voso deporte ese día?
Obradoiros de práctica do deporte e de autoconstrución do material
Actividade na que expliquedes o voso deporte e elaboredes o material para despois xogar algún partido. Podería ser nun centro de día ou nunha residencia con persoas maiores, nun club deportivo, nunha asociación de veciños, na celebración dalgunha festa...
Torneo no voso centro educativo con outros cursos
A organización dun torneo nos recreos, durante o último día do trimestre ou aproveitando algunha celebración.
Torneo intercentros
Un torneo xogando ao voso deporte con rapazas e rapaces doutros colexios e institutos. Estaría xenial que tamén vos ensinasen outro deporte creado por elas e eles.
Lectura facilitada
Xa presentastes o deporte. Por que non dar un paso máis no vindeiro curso?
Estaría xenial que vos animedes a facer un evento fóra da clase. Aquí tedes algúns exemplos:
Día da Educación Física na Rúa
O día da Educación Física na Rúa é un evento que se fai unha vez ao ano para dar importancia á actividade física e ao deporte. Consiste en facer actividades físicas nos espazos públicos de aldeas, vilas e cidades.
Que vos parece se presentades e xogades ao voso deporte o día da Educación Física na Rúa?
Obradoiros de práctica do deporte e de autoconstrución do material
Actividade na que expliquedes o voso deporte e elaboredes o material. Despois xogaredes un partido
A actividade pode ser nun centro de día ou nunha residencia con persoas maiores, nun club deportivo, nunha asociación de veciños, na celebración dalgunha festa...
Torneo no voso centro educativo con outros cursos
A organización dun torneo nos recreos, durante o último día do trimestre ou aproveitando algunha celebración.
Torneo intercentros
Un torneo xogando ao voso deporte con rapazas e rapaces doutros colexios e institutos.
Estaría xenial que tamén vos ensinasen a vós outro deporte creado por elas e eles.