Saltar navegación

3.5. Os torneos deportivos

 

Glosario

Vantaxe

Balanza

Definición:

Condición ou situación favorable dunha persoa ou cousa respecto doutras.

Exemplo:

O equipo ten vantaxe porque xoga cun xogador máis.

Votación

Acto de votar

Definición:

Acción e efecto de votar.

Exemplo:

Realizaron a votación para delegada de clase.

A votación

Agora que xa creastes os vosos deportes alternativos é o momento de organizar un torneo deportivo.

Caixa de votaciónPero antes de nada, toca elixir entre todos os deportes creados para saber cal será aquel ao que xoguemos no torneo.

Para iso, faredes unha votación na que cada persoa só poderá escoller un deporte.

E o deporte máis votado é...

Lectura facilitada

É o momento de organizar un torneo deportivo.

Primeiro elixide cal será o deporte ao que xoguemos no torneo.

Faredes unha votación na que cada persoa só poderá escoller un dos deportes creados.

E o deporte máis votado é...

Tipos de torneos deportivos

Tedes algunha idea sobre o torneo que organizaredes?

A continuación, veredes algunhas ideas.

Liga

Evento no que participan diferentes xogadores ou xogadoras, individualmente ou por equipos, xogando todos/as contra todos/as, a unha ou varias voltas.

As ligas están formadas por xornadas nas que o ou a participante, ou o equipo, xoga con outro en roldas non eliminatorias. En función do resultado, en cada encontro vanse dando puntos aos ou ás participantes, gañando o torneo quen máis puntos teña ao final. Nalgúns deportes danse puntos ao empatar o partido, mentres que noutros non hai esta posibilidade.

Vantaxes
  • Todos os equipos participan no mesmo número de partidos sen seren eliminados.
  • Útil para todo tipo de deportes.
  • Os equipos xa saben desde o comezo cando e contra quen serán os seus partidos, podendo facer cambios con antelación.
Desvantaxes
  • Se un equipo abandona ou perde participantes durante a competición, prexudica o resto de participantes e o desenvolvemento da competición.

A ter en conta na organización das ligas:

  1. Establecer se a competición será a unha volta ou a dúas.
  2. Elixir o sistema de puntuación por vitoria, derrota e empate que recibirá cada equipo en cada xornada e as posibilidades de clasificación final en caso de empate entre equipos ao final da liga.
  3. Para facilitar o manexo do calendario de puntuación adxudicar un número a cada equipo.
  4. Tratar de que os e as participantes teñan o mesmo tempo de descanso entre partido e partido.

Exemplo de liga:

Liga de 5 equipos con ida e volta e sen contar os empates.

1 2 3 4 5 Gañados Puntos a favor Puntos en contra Clasificación
1 1-2 1-3 1-4 1-5
2 2-1 2-3 2-4 2-5
3 3-1 3-2 3-4 3-5
4 4-1 4-2 4-3 4-5
5 5-1 5-2 5-3 5-4

Lectura facilitada

Evento no que se participa individualmente ou por equipos.

Xógase todos/as contra todos/as, a unha ou varias voltas.

As ligas están formadas por xornadas.

En función do resultado, en cada encontro vanse dando puntos aos ou ás participantes.

Gaña o torneo quen máis puntos teña ao final.

Nalgúns deportes danse puntos ao empatar o partido, mentres que noutros non hai esta posibilidade.

Vantaxes
  • Todos os equipos participan no mesmo número de partidos sen seren eliminados.
  • Útil para todo tipo de deportes.
  • Os equipos xa saben desde o comezo cando e contra quen serán os seus partidos, podendo facer cambios con antelación.
Desvantaxes
  • Se un equipo abandona ou perde participantes durante a competición, prexudica o resto de participantes e o desenvolvemento da competición.

A ter en conta na organización das ligas:

  1. Establecer se a competición será a unha volta ou a dúas.
  2. Elixir o sistema de puntuación por vitoria, derrota e empate que recibirá cada equipo en cada xornada.
  3. Para facilitar o manexo do calendario de puntuación adxudicar un número a cada equipo.
  4. Tratar de que os e as participantes teñan o mesmo tempo de descanso entre partido e partido.

Exemplo de liga:

Liga de 5 equipos con ida e volta e sen contar os empates.

1 2 3 4 5 Gañados Puntos a favor Puntos en contra Clasificación
1 1-2 1-3 1-4 1-5
2 2-1 2-3 2-4 2-5
3 3-1 3-2 3-4 3-5
4 4-1 4-2 4-3 4-5
5 5-1 5-2 5-3 5-4

Eliminatorias

As persoas participantes van enfrontándose por eliminatorias ata chegar a unha final. O cadro de partidos é elixido pola organización por sorteo ou por niveis ou ranking dos participantes (normalmente evitando que os ou as participantes con maior nivel se enfronten nas primeiras roldas).

O equipo que gaña pasa de rolda e o que perde queda eliminado, aínda que hai torneos nos que pode seguir xogando para fomentar a participación:

  1. Repescas: os equipos ou xogadores/as que perdan teñen a oportunidade de reincorporarse nalgunha das seguintes roldas. Por exemplo, é moi común en deportes de loita como o Judo.
  2. Roldas de consolación: os equipos eliminados e que só xogaron 1 ou 2 partidos poden xogar entre eles nun cadro de eliminatorias diferente ao principal.
Vantaxes
  • Organización máis fácil cando non dispoñedes de moito tempo e tedes un número alto de participantes.
  • Non se necesita facer cálculos de puntuación.
Desvantaxes
  • As persoas que se eliminan antes xogan menos partidos.
  • Pouca antelación para cadrar horarios entre os participantes ou para poder facer cambios de horarios.
  • Non sempre chegan á final os mellores, xa que un mal día pode xogar unha mala pasada.

A ter en conta na organización das eliminatorias:

  1. Seleccionar o número de roldas en función do número de equipos, sempre tendo en conta que os equipos sexan potencia de 2: final (2 equipos), semifinais (4 equipos), cuartos de final (8 equipos), oitavos de final (16 equipos), dezaseisavos de final (32 equipos)... No caso de que esta condición non se cumpra, inicialmente algúns equipos farán unha rolda previa e outros comezarán directamente na rolda seguinte.
  2. Elixir se o cadro de eliminatorias se fai por sorteo ou por cabezas de serie (tendo en conta unha clasificación anterior evitando que se enfronten os mellores inicialmente).
  3. Respectar a orde dos enfrontamentos para que todos os equipos descansen o mesmo.
  4. Decidir se facer roldas de consolación ou repescas.

Exemplo de cadro de eliminatorias:

Eliminatorias desde cuartos de final con 8 equipos.

PARTIDO A: EQUIPO 1 - EQUIPO 2

Semifinal 1:

GAÑADOR PARTIDO A - GAÑADOR PARTIDO B

FINAL: 

GAÑADOR SEMIFINAL 1- GAÑADOR SEMIFINAL 2

PARTIDO B: EQUIPO 3 - EQUIPO 4
PARTIDO C: EQUIPO 5 - EQUIPO 6

Semifinal 2:

GAÑADOR PARTIDO C - GAÑADOR PARTIDO D

PARTIDO D: EQUIPO 7 - EQUIPO 8

Lectura facilitada

Os participantes van enfrontándose por eliminatorias ata a final.

O cadro de partidos é elixido pola organización por sorteo ou por niveis dos participantes. Normalmente, evítase que os ou as participantes con maior nivel se enfronten nas primeiras roldas.

O equipo que gaña pasa de rolda e o que perde queda eliminado. Hai torneos nos que o equipo perdedor pode seguir xogando para fomentar a participación:

  1. Repescas: os equipos ou participantes que perdan teñen a oportunidade de volver participar. É moi común en deportes de loita como o Judo.
  2. Roldas de consolación: os equipos eliminados e que só xogaron 1 ou 2 partidos poden xogar entre eles nun cadro de eliminatorias diferente.
Vantaxes
  • Organización máis fácil cando non dispoñedes de moito tempo e tedes un alto número de participantes.
  • Non se necesita facer cálculos de puntuación.
Desvantaxes
  • Participantes que se eliminan antes xogan menos partidos.
  • Pouca antelación para cadrar horarios entre participantes ou para poder facer cambios de horarios.
  • Non sempre chegan á final quen é mellor. 

A ter en conta na organización das eliminatorias:

  1. Seleccionar o número de roldas en función do número de equipos. 
  2. Elixir se o cadro de eliminatorias se fai por sorteo ou por cabezas de serie.
  3. Respectar a orde dos enfrontamentos para que todas as persoas descansen o mesmo.
  4. Decidir se facer roldas de consolación ou repescas.

Exemplo de cadro de eliminatorias:

Eliminatorias desde cuartos de final con 8 equipos.

PARTIDO A: EQUIPO 1 - EQUIPO 2

Semifinal 1:

GAÑADOR PARTIDO A - GAÑADOR PARTIDO B

FINAL: 

GAÑADOR SEMIFINAL 1- GAÑADOR SEMIFINAL 2

PARTIDO B: EQUIPO 3 - EQUIPO 4
PARTIDO C: EQUIPO 5 - EQUIPO 6

Semifinal 2:

GAÑADOR PARTIDO C - GAÑADOR PARTIDO D

PARTIDO D: EQUIPO 7 - EQUIPO 8

Por extensión ou sube e baixa

Nos torneos por extensión ou por ranking cada participante ou equipo reta a outro mellor clasificado e, se vence, gáñalle o posto ou suma un maior número de puntos, co obxectivo de chegar ao primeiro posto e manterse nel.

Vantaxes
  • Menor traballo para a organización porque a xestión dos partidos recae en maior medida nos participantes.
  • Útil en modalidades individuais ou de parellas e sen grandes desigualdades de nivel.
  • Os horarios dos partidos poden ser máis flexibles.
Desvantaxes
  • Complicacións na organización do torneo cando os ou as deportistas non se responsabilizan das súas tarefas extradeportivas.
  • Difícil de organizar cando hai un número alto de participantes ou equipos.

A ter en conta na organización dos torneos por extensión:

  1. Quen participa ten que ter moi claro inicialmente como son as normas do torneo e as súas responsabilidades na organización.
  2. Tratar de que todo o mundo teña as mesmas oportunidades de subir postos na clasificación.
  3. Inicialmente pode partirse de posicións por sorteo ou por clasificacións previas.

Exemplos de torneos por extensión:

Simulan en forma a algún obxecto.

Escaleira

ChanzosÉ o máis simple. En cada chanzo comezan 2 equipos. O que gaña sobe de chanzo e o que perde, baixa, co obxectivo de chegar ao chanzo máis alto.

Pirámide

Niveis en pirámideOrdena os equipos por nivel, con máis de 2 equipos en cada nivel inicialmente. Cada equipo só pode retar os equipos que nese momento están no seu mesmo nivel, de maneira que, se gaña, sobe de nivel e, se perde, baixa.

Cheminea

Niveis en pirámideSímbolo máis3 chanzosMistura dos anteriores. En forma de pirámide nos niveis inferiores e de escaleira nos últimos tres chanzos.

Arañeira

O centro da arañeiraSimilar aos anteriores, pero hai que intentar chegar ao centro da arañeira.

Lectura facilitada

Cada participante ou equipo reta outro mellor clasificado, e se vence, gáñalle o posto ou suma un maior número de puntos, co obxectivo de chegar ao primeiro posto e manterse nel.

Vantaxes
  • Menor traballo para a organización porque a xestión dos partidos recae en maior medida nos participantes.
  • Útil en modalidades individuais ou de parellas e sen grandes desigualdades de nivel.
  • Os horarios dos partidos poden ser máis flexibles.
Desvantaxes
  • Complicacións na organización do torneo cando os ou as deportistas non se responsabilizan das súas tarefas extradeportivas.
  • Difícil de organizar cando hai un número alto de participantes ou equipos.

A ter en conta na organización dos torneos por extensión:

  1. Quen participa ten que que ter moi claro inicialmente como son as normas do torneo e as súas responsabilidades na organización.
  2. Tratar de que todo o mundo teña as mesmas oportunidades de subir postos na clasificación.
  3. Inicialmente, pode partirse de posicións por sorteo ou por clasificacións previas.

Exemplos de torneos por extensión:

Simulan en forma a algún obxecto.

Escaleira

ChanzosÉ o máis simple. En cada chanzo comezan 2 equipos. O que gaña, sobe de chanzo, e o que perde, baixa. O obxectivo é chegar ao chanzo máis alto.

Pirámide

Niveis en pirámideOrdena os equipos por nivel, con máis de 2 equipos en cada nivel, inicialmente.

Cada equipo só pode retar os equipos que nese momento están no seu mesmo nivel, de maneira que se gaña, sobe de nivel, e se perde, baixa.

Cheminea

Niveis en pirámideSímbolo máis3 chanzosMistura dos anteriores.

En forma de pirámide nos niveis inferiores e de escaleira nos últimos tres chanzos.

Arañeira

O centro da arañeiraSimilar aos anteriores, pero hai que intentar chegar ao centro da arañeira.

Combinados

Combinación dos anteriores. O máis habitual é combinar unha fase de grupos previa en formato liga e eliminatorias posteriores tendo en conta as clasificacións da liga previa para facer os enfrontamentos.

Outros

O rei ou raíña da pista

Quen gaña segue xogando.

Circuítos por ranking

Recibes diferente puntuación en función do ranking xeral do xogador ou xogadora ou equipo ao que gañas.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)