Saltar navegación

Tarefas cooperativas

Entrevista sobre o tema: Impacto do mundo dixital na escritura e a oralidade

Duración:
20
Agrupamento:
Grupos cooperativos (3-4 persoas)

Nesta tarefa imos levar a cabo un intercambio de ideas a partir da estrutura de entrevista.


Nunha primeira fase (5 min), o equipo divídese en dúas parellas (A-B e C-D) e plantexa preguntas relacionadas coa oralidade e a escritura na súa vida dixital como ¿cando envías un audio, cres que é espontáneo ou moi planificado? ou ¿pensas máis o que vas dicir cando ditas unha mensaxe a unha IA? Por que?

Nunha segunda fase (5 min), invértense os roles: B entrevista a A; D entrevista a C.

Por último, nunha terceira fase (10 min), todo o grupo se reúne e cada membro comparte unha idea clave da súa entrevista.

Análise de medios

Nesta tarefa, cada equipo vai colaborar para elaborar un estudo das características dun texto dixital común.

  1. Cada grupo selecciona un medio dixitais do seu entorno (exemplo: unha story de Instagram, un vídeo de TikTok, a páxina inicial de Netflix para unha serie, etc.).

  2. Asignación de roles expertos. Dentro de cada grupo cooperativo, cada membro do grupo convértese en “experto” nun dos catro aspectos da análise:

    • Multimedialidade (recursos multimedia).
    • Hipertextualidade (enlaces e botóns).
    • Non secuencialidade (orde de navegación).
    • Omnimedialidade (papel da IA).
  3. Reunión de expertos: Os membros con mesmo rol reúnense en grupos de expertos (de distintos grupos base) para debater e ampliar a súa análise. Por exemplo, todos os expertos en “IA” analizan xuntos como Netflix xera recomendacións.

  4. Retorno ao grupo base: Cada experto comparte as súas análises co seu grupo orixinal. O grupo completa unha plantilla guiada coa información compilada.

Exemplificación:

Grupo A analiza un vídeo de TikTok:

  • Experto en multimedialidade: Destaca como a música, os filtros e o texto superposto crean unha narrativa emocional.
  • Experto en hipertextualidade: Sinala os enlaces a perfís de outros usuarios e a opción “Dueto”.
  • Experto en non secuencialidade: Explica que, aínda que o vídeo é lineal, a sección de comentarios permite saltar a outros contidos.
  • Experto en omnimedialidade: Analiza como o algoritmo de TikTok suxire novos vídeos tras a reprodución.

1. MULTIMEDIALIDADE (Recursos multimedia)

Identifica:

  • Texto: ¿Que textos aparecen? ¿Son estáticos ou dinámicos? Exemplo: “Subtítulos en movemento, hashtags fixos…”

  • Imaxe/Video: ¿Como se combinan? ¿Que emoción ou mensaxe transmiten? Exemplo: “Filtros brillantes para dar sensación de diversión”

  • Sonido: ¿Hai música, efectos ou voz? ¿Como inflúen no ton? Exemplo: “Música rápida para incitar á acción”

  • Reflexión final: ¿A mensaxe sería igual sen un destes recursos?

2. HIPERTEXTUALIDADE (Enlaces e conexións)

  • Identifica:

  • Enlaces externos: ¿Hai ligazóns a outras páxinas ou perfís? Lista 2. Exemplo: “Botón ‘Seguir’ a un perfil recomendado”

  • Botóns interactivos: ¿Que accións permiten (ex: “Me gusta”, “Compartir”)?

  • Menús ou rutas alternativas: ¿Podes cambiar de contido sen saír da plataforma?

  • Reflexión final: ¿Estes enlaces amplían ou distraen da experiencia principal?

3. NON SECUENCIALIDADE (Orde de navegación)

  • Identifica:

  • Orde fixa: ¿O contido debe verse en orde predeterminada? Exemplo: “Unha story de Instagram é lineal”

  • Personalización: ¿Podes saltar, pausar ou elixir rutas? Exemplo: “Menú de capítulos en YouTube para saltar a escenas”

  • Interacción do usuario: ¿Como afecta a túa decisión ao fluxo do contido?

  • Reflexión final: ¿A liberdade de navegación mellora ou dificulta a comprensión?

4. OMNIMEDIALIDADE (Papel da IA)

  • Identifica:
  • Recomendacións: ¿A plataforma suxire contidos relacionados? ¿Como? Exemplo: “Lista ‘Para ti’ en TikTok baseada nos teus likes”
  • Adaptación ao usuario: ¿O contido cambia segundo o teu comportamento? Exemplo: “Anuncios personalizados en Instagram Stories”
  • Xeración automatizada: ¿Hai elementos creados por IA (ex: subtítulos automáticos)?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)