Saltar navegación

3. O futuro e a Ciencia Ficcion

Presentación

A ciencia ficción é moito máis que un xénero literario ou audiovisual cheo de naves espaciais, robots e mundos futuristas. É unha ventá a través da cal podemos explorar non só como podería ser o futuro, senón tamén como vivimos e pensamos no presente. A través das súas historias, este xénero invítanos a reflexionar sobre os grandes desafíos da humanidade: desde os avances tecnolóxicos ata as consecuencias éticas das nosas decisións. ¿Que pasaría se puidésemos viaxar no tempo? ¿Como cambiaría a nosa sociedade se a intelixencia artificial tomase decisións por nós? Estas preguntas non son só entretemento para a nosa imaxinación; moitas veces convértense en terreo no que expor as nosas inquedanzas, xestionar os nosos medos, alimentar as nosas esperanzas ou servir de estímulo para inventos e descubrimentos reais.

Nesta sección exploramos o sentido da ciencia ficción para poder coñecernos mellor hoxe e para poder coñecer o contorno do que deberemos afrontar mañá. ¡Preparádevos para visualizar o futuro!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)