Saltar navegación

1.1 Iniciar

Círculo de ideas: Que libros ou películas relacionas coas IA?

Duración:
10
Agrupamento:
Grupos (3-4 persoas)

Para comprobar que coñecementos e ideas tedes nos vosos equipos sobre as novelas, películas, series ou cómics que representaron no imaxinario cultural as IA, imos contruír un pequeno mapa de ideas previas.

Organización:

  • Os estudantes organizados en grupos pequenos (3-4 persoas) forma un círculo. Un dos seus membros actúa como anotador.
  • A pregunta inicial aparece no encerado ou proxectada nunha pantalla: Que novela, película, serie ou comic coñeces no que esté presenta unha IA coma personaxe?
  • Cada estudante ten 1 minuto para compartir unha idea mentres os demais escoitan atentamente.
  • O anotador rexistra as respostas clave nunha folla compartida.

Despois de completar o pequeno círculo, cada grupo rexistra as obras de ficción comentadas, valoran se realmente están a falar das IA ou de ideas relacionadas e redacta unha lista.  As obras mencionadas pódense presentar brevemente ao resto da clase nunha ronda en círculo grande de cara a elaborar un mapa de toda a clase coas obras que coñecen que tratan o tema.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)