Roscón
Observe as letras, identifique e encha as palabras que faltan.
Observe as letras, identifique e encha as palabras que faltan.
Nesta actividade imos estudar a visión da exploración espacial da película Viaxe á Lúa de Georges Méliès. Trátade dun clásico do cine e unha das primeiras mostras de cine de ciencia ficción. Nun segundo momento, poderemos comparar a nosa perspectiva coas representacións actuais creadas con IA
A curtametraxe Unha viaxe á Lua 1902 por Georges Méliès é un film público. Atópase en múltiples repositorios, por exemplo neste enderezo: https://youtu.be/xLVChRVfZ74
Fase 1. Visionado guiado de Viaxe á Lúa. Identificar os tópicos visuais e narrativos da ciencia ficción na curtametraxe.
Empregarase a metodoloxía de folio xiratorio. Cada membro do grupo a partir dun modelo de análise engade unha resposta a unha serie de preguntas segundo o modelo. Tras dous ou tres rondas, o grupo recolle as ideas máis relevantes e as comparte coa totalidade da clase
Fase 2. Breve presentación sobre avances actuais na exploración espacial e como se representan hoxe na cultura popular.
Proposta: “Imaginade unha nova viaxe ao espazo no ano 2100. Como sería?. A partir de ferramentas de IA xerativa de vídeo (p. ex. Runway, Kaiber, Pika, ou Luma Labs) para crear un pequeno vídeo (30-60 segundos) que represente esa viaxe ao espazo. O grupo presenta unha breve historia de 50 palabras para poder traballar o vídeo xenerado. Co mesmo modelo de preguntas, analizan o resultado.
<
A través desta “Táboa periódica de escritores e escritoras de Ciencia Ficción” imos investigar autores e autoras clave do xénero e as súas obras máis relevantes.
Cada grupo investigará e representará a 3-5 escritores de ciencia ficción, asignados polo/a docente ou elixidos por sorteo.
Descrición do Autor/a coma elementos dunaa “Táboa Periódica da Ciencia Ficción”
Cada autor ou autora representarase como un “elemento” nunha táboa periódica literaria, cos seguintes datos:
Exemplo:
| Autor | Símbolo | Número Atómico | Peso Literario | Categoría |
|---|---|---|---|---|
| Philip K. Dick | PKD | 1928 | “¿Soñan os androides con ovellas eléctricas?” | detective futurista |
Deseño da Táboa Periódica (Creatividade Visual)
No caso de empregar unha ferramenta dixital, pódese optar por Canva ou Genially e un modelo estandarizado.
Exposición e Debate (Posta en Común)
Cada equipo presentará os seus autores e explicará por que son “elementos esenciais” na ciencia ficción.
Os estudantes poden propor “elementos novos” (autores contemporáneos que coñezan fora da lista) ou incluso crear o seu propio “escritor de ciencia ficción” cunha ficha inventada.
Pódese recurrir a una listaxe coma o dos premios Nebula ou Hugo como vía de documentacion.
** 1. Rigor Investigador**
Erros frecuentes a evitar:
2. Creatividade Visual
O que se valora:
Erros frecuentes a evitar:
3. Claridade e Organización
O que se valora:
Erros frecuentes a evitar:
4. Participación Cooperativa
O que se valora:
Erros frecuentes a evitar:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0