Saltar navegación

O Golem

O Golem protector: Unha aventura en compañía

Duración:
45
Agrupamento:
Grupo cooperatuvo

A partir da estrutura cooperativa “Folio xiratorio” o grupo elaborará unna pequena historia cun Golem de protagonista.

Fase 1. Elaborar o esquema do relato.

  1. Elaboración individual do esquema do relato: No grupo cooperativo (A, B, C, D) cada membro empregará un rol inicial: Personaxes, Misión, Lugar, Antagonistas. Nesta fase individual, (5 minutos) cada alumno/a desenvolverá individualmente no seu caderno.
    • Un lugar (ex.: unha aldea medieval xudía, unha cidade futurista baixo asedio).
    • Dous personaxes (o Golem + outro, humano ou non, con motivacións claras).
    • ** Un antagonista** (un militar despiadado, un emperador cruel, un sistema policial represivo…)
    • Unha misión de protección (ex.: o Golem defende unha biblioteca sagrada, ou un neno/a).
  2. Comprobación de coherencia. O grupo comprobará que a historia no seu conxunto ten coherencia e introducirá os cambios precisos.

Fase 2. Redacción.

Unha vez todo o grupo esté familiarizado co esquema narrativo, cada membro do grupo desenvolverá unha función concreta no avance do texto: describir o ambiente, redactar o diálogo, introducir acción, recoller o pensamento das personaxes. Os roles irán cambiando en cada fase de xeito tamén rotatorio.

O folio coa narración do equipo pasa de man en man. Cada membro engade o seu papel en distintas fases ata completar o final da historia.

Fase 3: Reelaboración con IA (10 minutos)

O grupo introducirá o relato nunha IA gratuíta (ex.: DeepSeek Chat, Gemini) para reescribilo. Comparan cambios e debaten:

  • Acordos: Que ideas mellorou a IA? (ex.: descricións máis vívidas).
  • Desacordos: Que prefire o grupo do orixinal? (ex.: diálogos máis humanos).

Cada equipo usa unha pauta de avaliación con 10 preguntas para avaliar o resultado.

Pauta de revisión

  1. ¿A revisión inclúe claramente o esquema narrativo relacionado coa protección?
  2. ¿Os personaxes teñen motivacións coherentes? (ex.: o Golem non actúa por azar).
  3. ¿O lugar é descrito con detalles que axudan á atmosfera?
  4. ¿A acción ten un inicio, desenvolvemento e conclusión? (aínda que sexa aberta).
  5. ¿Incorporou elementos orixinais de ciencia ficción?
  6. ¿A creación de ambientes e recollida de pensamentos reflicten emocións ou momentos clave?
  7. ¿A reelaboración da IA engadiu un factor creativo imprevisto e orixinal? ¿Ou perdeu a esencia do que pretendía o grupo?
  8. ¿O diálogo é natural e avanzou a trama?
  9. ¿Hai equilibrio entre descrición e acción?
  10. ¿O final deixa unha sensación de interese?

Alternativa visual

Opción Alternativa: Cómic baseado en Meyrink

- Se escollen esta opción, o grupo debuxa unha viñeta inspirada na obra O Golem de Gustav Meyrink (ex.: a escena do espello).

Poden usar:

- IA para storyboard: Bing Image Creator (gratuíto con límites).

- Ferramentas manuais: Canva ou Pixton (versións gratuítas).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)