Entrevista con roles invertidos
- Duración:
- 50 minutos
- Agrupamento:
- Grupos cooperativos (3-4 persoas)
Obxectivo: O alumnado elabora unha entrevista con Esquilo, Mary Shelley ou con Gustav Meyrink.
A actividade pode desenvolverse cunha IA específica coa instrución que desenvolva o rol do escritor concreto. Do contrario, pode desenvolverse cun dos membros do equipo respondendo como se fosen o autor/autora escollido/a para comprender o seu funcionamento.
Para realizar a entrevista empregarase a estrutura cooperativa: “1-2-4”, fomentando a reflexión individual, colaboración en parella e debate grupal.
Para deseñar a entrevista, organizaremos tres fases:
Na Fase 1 - Reflexión individual (10 min) cada membro do equipo reflexiona sobre os aspectos máis importantes da obra do autor escollido ou autora; escolle a novela concreta, os temas, a visión do personaxe protagonista, etc.
Na fase 2 - Posta en común en parellas (10 min) os membros do grupo distribúense en parellas e revisan como estruturar as preguntas en bloques de información para ter unha estrutura fluída
Na fase 3 - Creación do guión en grupo (15 min) o alumnado redacta as preguntas e preguntan á IA seleccionada. Anotan as respostas.