Avaliación
Imos dedicar un último momento antes de pasar á seguinte sección a avaliar o traballo realizado ata o de agora. Para iso, imos empregar unha dinámica que será semellante en todo o resto de seccións.
Imos dedicar un último momento antes de pasar á seguinte sección a avaliar o traballo realizado ata o de agora. Para iso, imos empregar unha dinámica que será semellante en todo o resto de seccións.
Ao longo desta sección, obtiveches diferentes documentos e resultados nas actividades que che propuxemos. É o momento de revisar o traballo realizado. Farémolo en dúas fases.
Cada grupo expón os seus documentos nun mural físico/dixital (p. ex., Padlet). Os demais grupos rotan para revisalos e deixan comentarios estruturados que deben conter polo menos dous eloxios e unha suxestión. O tempo destinado é de 8 minutos e non é necesario que todos os grupos revisen todo; é importante, porén, que todos os grupos conten polo menos cunha revisión. Para asegurar que todos os grupos reciben comentarios, pódese organizar a rotación con algunha técnica de organización.
Tras recibir as revisións do traballo realizado, o grupo analiza criticamente o seu propio traballo e dinámica interna empregando dúas rúbricas guiadas.
Por último, no voso debate no grupo, valorade os rexistros da sección anterior.
Documento en PDF coa matriz de revisión para facer a avaliación en papel.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0