Mapa conceptual grupal
Imos crear un mapa conceptual colectivo sobre o que sabedes sobre o mundo da ciencia ficción. Cada grupo recibirá unha folla grande e catro marcadores de cores diferentes, un para cada integrante. O obxectivo é escribir ideas ou palabras asociadas a “ciencia ficción e IA”.
Instrucións:
- Cando se dea o sinal, comezaredes a escribir en turnos estritos. Cada persoa escribirá unha soa palabra ou frase curta relacionada co tema.
- Despois de escribir, pasará o marcador ao compañeiro da túa dereita. Este proceso repetirase ata que se acabe o tempo ou non xurdan novas ideas.
- Importante: Non repitas ideas xa escritas polos teus compañeiros. Se non tes nada novo que engadir, pasa directamente o marcador.
- Ao finalizar, teredes un mapa conceptual grupal con contribucións de todos os membro.
Resultado
O resultado será un mapa conceptual visible onde cada cor representa as ideas dun membro do grupo. Este rexistro servirá para analizar máis tarde que coñecementos previos tiñades sobre a narrativa de ciencia ficción.